Bandeira de Malta

A bandeira de Malta (en maltés: Bandiera ta' Malta) foi adoptada o 21 de setembro de 1964.

Bandeira de Malta
Bandeira de Malta
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción21 de setembro de 1964
Cores     Branco     Vermello

Descrición editar

A bandeira está composta por dúas franxas verticais do mesmo tamaño, de cores branca (a máis preta ao mastro) e vermella. No cuadrante superior máis preto ao mastro, na franxa branca, figura a Cruz de Xurxo perfilada en vermello. Esta é unha condecoración británica (creada durante o reinado de Xurxo VI), formada por unha cruz grega de prata coa figura de San Xurxo matando un dragón representada na súa parte central e rodeada por un listón no que figura o lema en inglés “For Gallantry” (“ao heroísmo”) que sinala o motivo polo cal se outorgaba. Na cruz figuran tamén as iniciais en inglés, “G-VI”, do monarca que a fundou e lle deu nome.

A Cruz de Xurxo, que só fora concedida de xeito individual a persoas e nunca colectivamente, foilles outorgada de xeito especial aos habitantes e defensores da illa fortaleza, polo seu heroico comportamento durante a segunda guerra mundial e quedou incorporada tanto na bandeira como no escudo nacional de Malta. As dúas cores (branco e vermello) que figuran na bandeira teñen sido as das armas de Malta dende a Idade Media. Nun relato tradicional non verificado sobre a orixe do escudo, afírmase que este foi entregado a Malta por Roxerio I de Sicilia no ano 1091.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar