O escudo de Malta é un campo partido de prata e de goles. No cuartel da prata, no xefe, ten unha cruz grega do mesmo metal coa figura de San Xurxo matando un dragón representada na súa parte central e rodeada por un listón no que figura o lema en inglés For Gallantry (ó heroísmo). Na cruz aparecen tamén as iniciais en inglés do rei Xurxo VI do Reino Unido (G-VI). Esta cruz é a representación dunha condecoración británica, a Cruz de San Xurxo, outorgada de forma colectiva a todo o pobo maltés polo seu comportamento durante a segunda guerra mundial e que quedou incorporada tanto no escudo como na bandeira de Malta.

Escudo de Malta
Escudo de armas do Estado Maltés Independente (1964-1975)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar