Bandeira de Kabardino-Balkaria

A bandeira de Kabardino-Balkaria, (en ruso: Флаг Кабардино-Балкария; en karachai-balkar: Къабарты-Малкъарны Байрагъы; en kabardino: Къэбэрдей-Балъкъэрым и нып) é un dos símbolos oficiais desta república da Federación Rusa. É unha bandeira tricolor horizontal, cargada cunha silueta branca do Monte Elbrus, a montaña máis alta de Europa, no centro. As cores están dispostas na orde de azul claro, branco e verde, e a carga do monte Elbrus segue a mesma orde.

Bandeira de Kabardino-Balkaria
Bandeira de Kabardino-Balkaria
Características
Proporción2:3
Adopción21 de xullo de 1994
Cores     Azul      Branco      Verde

A bandeira foi adoptada o 21 de xullo de 1994; e as súas proporcións son 2:3.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar