Bandeira de Honduras
A bandeira de Honduras foi creada o 16 de febreiro de 1866, sendo Presidente da República José María Medina. Está baseada na que pertenceu ás Provincias Unidas do Centro de América.[1] Consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul as exteriores e branca a central. No centro, dentro da franxa branca, figuran cinco estrelas azuis que simbolizan os cinco países que formaron a antiga federación centroamericana e o ideal da unión de Centroamérica.
Bandeira de Honduras | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 16 de febreiro de 1866 (modificada en 2022) |
Cores | Azul turquesa Branco |
HistoriaEditar
En 1823, Honduras uniuse ás Provincias Unidas de Centroamérica e adoptou a súa bandeira. Continuou usando unha tribanda lisa azul e branca despois da disolución da unión en 1838. O 7 de marzo de 1866 colocáronse cinco estrelas azuis na bandeira para representar as cinco provincias orixinais de Centroamérica: O Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Honduras e Guatemala.[2] O tamaño e a posición das estrelas fixáronse oficialmente cando o deseño foi estandarizado o 18 de xaneiro de 1949.
O decreto de 1949 especificaba que as raias debían ser turquesas, mais na práctica a bandeira permaneceu azul cerúleo durante as seguintes sete décadas. O goberno hondureño só comezou a ondear bandeiras turquesas despois da toma de posesión da presidenta Xiomara Castro o 27 de xaneiro de 2022.[3]
Outras bandeirasEditar
NotasEditar
- ↑ Znamierowski, Alfred. The World Encyclopedia of Flags. Italy: Lorenz Books, 1999. 201. Print.
- ↑ Znamierowski, Alfred. The World Encyclopedia of Flags. Italy: Lorenz Books, 1999. 201. Print.
- ↑ "Xiomara Castro: los símbolos que marcaron su histórica toma de posesión como primera presidenta de Honduras". BBC News Mundo. 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.