Bandeira de Bahrain

A bandeira de Bahrain (en árabe: علم البحرين) consiste nunha franxa branca á esquerda, separada dun campo de goles ou vermello á dereita por cinco triángulos que forman unha liña serrada.

Bandeira de Bahrain
Bandeira de Bahrain
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción14 de febreiro de 2002
Cores     Branco     Vermello

Deseño

editar

O vermello é a cor tradicional das bandeiras dos estados árabes do Golfo Pérsico. O branco está do lado do mastro, e os cinco triángulos representan aos cinco alicerces do islam (profesión de fe, oración, xaxún, caridade e peregrinación). É moi semellante á bandeira de Qatar, a cal ten máis triángulos e é dun vermello máis escuro.

Historia

editar

As bandeiras máis antigas coñecidas de Bahrain[1] eran completamente vermellas. En 1820 Bahrain asinou un tratado co Reino Unido, e a franxa branca foi engadida á bandeira indicar a tregua. En 1932, un bordo serrado foi engadido para distinguir a bandeira da dos países veciños. A bandeira orixinal posuía vinte e oito puntos brancos, mais foi reducida a oito en 1972, e posteriormente a cinco en 2002.

Bandeiras históricas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar