Bandeira de Qatar
A bandeira de Qatar (en árabe: علم قطر) posúe unhas dimensións de 11:28. É de cor granate cunha franxa vertical dentada (con nove dentes de cor branca). Nun primeiro momento foi de cor vermella pero a súa exposición ao sol escurecía a cor, circunstancia que motivou cambiar esta cor polo granate actual. Foi adoptada o 9 de xullo de 1971 e garda moitas semellanzas coa bandeira de Bahrain, pero as súas proporcións e cores son diferentes.
Bandeira de Qatar | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 11:28 |
Adopción | 9 de xullo de 1971 |
Cores | Branco Granate |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Qatar en Flags of the World (en inglés)