Bakhmut (en ucraíno: Бахмут; en ruso, Бахмут) é unha cidade do leste de Ucraína situada no oblast de Donetsk e capital do distrito do mesmo nome.

Modelo:Xeografía políticaBakhmut
Бахмут (uk)
Bachmut (pl) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aBakhmutka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 48°35′41″N 38°00′03″L / 48.5947, 38.0008Coordenadas: 48°35′41″N 38°00′03″L / 48.5947, 38.0008
EstadoUcraína
ÓblastsOblast de Donetsk (pt) Traducir
Raião da Ucrânia (pt) TraducirRaión de Bakhmut (pt) Traducir
Hromada (en) TraducirBakhmut Hromada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Bakhmut Hromada (en) Traducir (2019–)
Raión de Bakhmut (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación71.094 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.708,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude200 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1571 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
década de 1910Battle of Bakhmut (en) Traducir
2014Battle of Artemivsk (en) Traducir
2022Batalha de Bakhmut (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal84500–84510 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webartemrada.gov.ua Editar o valor em Wikidata

A cidade foi coñecida como Artemivsk (en ucraíno: Артемівськ) ou Artyomovsk (en ruso: Артёмовск) de 1924 a 2016,[1] pero o goberno ucraíno renomeouna como Bakhmut en 2016 como parte da descomunización.[2][3] Isto non foi recoñecido polo goberno ruso que inclúe a cidade como parte da República Popular de Donetsk e fomenta que as fontes rusas denominen a cidade como Artyomovsk.[4][5]

Bakhmut e o seu distrito, especialmente a cidade de Soledar, eran particularmente activos na industria alimentaria pois na cidade existía establecementos para a elaboración de licores e viños mentres que preto de Soledar hai un importante depósito salino utilizado polo menos desde 1881 que convertía, antes da invasión rusa de 2022, á cidade no centro da industria de sal de Ucraína e nun cruzamento ferroviario.

Durante a invasión rusa de Ucraína de 2022, Bakhmut foi asediada polas forzas rusas e en gran parte destruída[6], coa maior parte da súa poboación fuxida.[7] A partir de marzo de 2023, as forzas ucraínas seguen co control parcial da cidade, que é un epicentro de feroces loitas, mentres as forzas rusas procuran tomar o control.[8]

Etimoloxía editar

Non se coñece con certeza a orixe do nome Bakhmut. Segundo unha teoría do historiador de Khárkiv Igor Rassokhaa, a palabra pode vir dunha palabra turca/tátara que significa "auga salgada" ou "praia".[9] A cidade mudou en varias ocasións de nome:

  • 1571–1924: Bakhmut
  • 1924–1941: Artyomovsk/Artemivsk
  • 1942–1943: Bakhmut
  • 1943–1992: Artyomovsk/Artemivsk
  • 1992–2016: Artemivsk
  • 2016–momento presente: Bakhmut

Xeografía física editar

Bakhmut atópase na parte nordeste da provincia de Donetsk nas alturas de Donet e está atravesado polo río Bachmutka, un afluente do río Donéts, e a serra Kamenuvatyj. Atópase a 89 km da capital do óblast, Donetsk.

Demografía editar

Segundo o censo ucraíno de 2001, a poboación da cidade era de 83.146 habitantes, dos cales o 27,61% tiñan o ucraíno como lingua materna, o 71,07% o ruso, o 0,19% o armenio, o 0,15% romaní, o 0,10% beloruso, o 0,03% moldavo, o 0,01% o búlgaro e grego, así como alemán, gagauzo, polaco, romanés, húngaro e xudeu.[10][11]

Composición nacional e idioma nativo da poboación de Bakhmut.

Distribución da poboación permanente por nacionalidades máis numerosas
e por lingua materna (a partir de 2012)

N Orixe
étnica
Número (%) Lingua
materna
(%)
Lingua
ucraína
(%)
Lingua
rusa
(%)
1 Ucraínos 78 993 69,42 49,1 50,8
2 Rusos 31 301 27,51 96,7 3,2
3 Belarusos 705 0,62 15 9,2 75,6
4 Armenios 396 0,35 48,7 1,3 49,7
5 Xitanos 263 0,23 57,8 9,5 30,4
6 Xudeus 224 0,20 0,4 5,4 92,4
113.785 100

A partir do 1 de xuño de 2017, a poboación de Bakhmut era de 75.900 habitantes, a maioría de ucraínos étnicos.[12]

Historia editar

 
Mapa de Bakhmut e das súas fortificacións probábelmente no século XVII e conservado no Arquivo Nacional Sueco

A primeira mención da cidade remóntase a 1571 cando aquí se creou un posto de garda do Reino Ruso, aínda que é probable que a zona xa estivese habitada.

Durante o século XVII foi mellorado como fortaleza rusa contra as incursións dos tártaros de Crimea e en 1701, no reinado de Pedro I, estableceuse a primeira mina de sal; porén, sete anos despois, a cidade foi destruída durante a rebelión de Bulavin.[1] Entre 1753 e 1764 foi a capital de Eslavo-Serbia. En 1783 recibiu o título de cidade.

En 1924 a cidade pasou a chamarse Artemivsk, en homenaxe ao revolucionario Fiódor Andreevič Sergeev, máis coñecido co nome de guerra Artyom, e converteuse na capital da gobernación de Donetsk .

Durante a segunda guerra mundial, Artemivsk foi protagonista en 1942 dun masacre de soldados nazis; volveu ás mans da Unión Soviética en 1943.

Durante a Guerra do Donbass a cidade estivo brevemente controlada pola milicia da República Popular de Donetsk ata o 7 de xullo de 2014, día no que o exército ucraíno reclamou a súa liberación; posteriormente en 2016 no ámbito da descomunización do país resumiu o topónimo orixinal de Bachmut.

Durante a invasión rusa de Ucraína en 2022, a cidade converteuse nun obxectivo principal do exército ruso.[13]

Economía editar

Desde 1951, a adega europea Bakhmut está situada na cidade. A mina de sal de Artemsil está situada no suburbio de Soledar, que contén a sala subterránea máis grande do mundo. É o suficientemente grande como para que un globo aerostático flotase no seu interior, xa se tocaron sinfonías antes e celebráronse dous partidos de fútbol profesional ao mesmo tempo.

Infraestruturas e transporte editar

Ferrocarrís editar

A cidade está servida por catro estacións de ferrocarril: Bachmut, Bachmut I e Maloilyšivs'ka para o servizo de pasaxeiros e Stupky para o transporte de mercadorías.

Mobilidade urbana editar

A rede de transporte público local está formada por unha rede de trolebuses de oito liñas e algunhas liñas de autobuses urbanos xestionadas pola empresa municipal Bachmutelektrotrans.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ray, Michael (Derradeira actualización: 11 de marzo de 2023). "Bakhmut". britannica.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  2. "Decommunisation continues: Rada renames several towns and villages". unian.info (en inglés). 2 de abril de 2016. Archived from the original on 11 de xuño de 2022. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  3. "Рада декомунізувала Артемівськ та ще більше ста міст і сіл". pravda.com.ua (en ucraíno). 4 de febreiro de 2016. Archived from the original on 03 de outubro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  4. Reuters (3 de marzo de 2023). "Russian mercenary chief says Ukraine's Bakhmut is practically surrounded". reuters.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  5. Tass (2 de marzo de 2023). "Official expects Russian troops to take Artyomovsk in near future". tass.com (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  6. "Легше будувати з "нуля". Бахмут як місто більше не існує, - Буданов (en galego, "É máis doado construír desde cero. Bakhmut como cidade xa non existe - Budanov")" (en ucraíno). 31 de decembro de 2022. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  7. Landale, James; Gozzi, Laura (4 de marzo de 2023). "Bakhmut: Fighting in the street but Russia not in control - deputy mayor". bbc.com (en inglés). 
  8. Axencia Atlas (11 de marzo de 2023). "Bajmut trata de resistir hasta el final". abc.es (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  9. "Харьковский историк считает, что название Бахмут имеет индоевропейские корни и происходит от слова бук". bahmut.in.ua (en ucraíno). 20 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2023. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  10. "Національний склад та рідна мова населення Донецької області. Розподіл постійного населення за найбільш численними національностями та рідною мовою по міськрадах та районах" (en ucraíno). 7 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  11. "Всеукраїнський перепис населення" (en ucraíno). 16 de xaneiro de 2018. Archived from the original on 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  12. "Количество жителей Бахмута продолжает сокращаться" (en ucraíno). 9 de maio de 2017. Archived from the original on 05 de maio de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  13. Crolace, Giorgia (27 de outubro de 2022 [actualizado o 28 de outubro de 2022]). "Putin vuole conquistare a tutti i costi Bakhmut, ecco perché è una «città strategica»". ilmessaggero.it (en italiano). Consultado o 11 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar