Baños de Panticosa

Baños de Panticosa (en aragonés Os Banyos de Pandicosa) é unha estación termal e unha pedanía do concello de Panticosa, en Aragón, dentro da comarca do Alto Gállego, (provincia de Huesca). A súa poboación de dereito en 2001 era de 10 habitantes.

Acceso editar

Pódese acceder á estación balnearia pola estrada A-2606, desde a vila de Panticosa, da que dista 8 km. O acceso desde Occitania, no sur de Francia, faise polo tradicional paso do porto de Marcadau, que comunica Baños de Panticosa co val de Marcadau e a estación balnearia bearnesa de Cauterets.

Historia editar

Os romanos das épocas de Augusto e de Tiberio coñecían e utilizaban as augas termais de Panticosa, o que fica testemuñado por achados arqueolóxicos. En 1286 o rei Pedro I de Aragón concedeu a montaña de Plan de Ibón ao quiñón de Panticosa. As termas permaneceron esquecidas até o século XVII. Nesa centuria levantóuse o novo primeiro edificio en 1694 e, ao comezo do seguinte século, recuperóuse a tradición balnear. En 1826, o rei Fernando VII de España expropiou os baños ao quiñón de Panticosa e doou os dereitos de explotación a Nicolás Guallart até 1854. Foi nese século XIX cando se construíron as edificacións principais dos baños. En 1966 foron declarados de interese turístico nacional.

Fontes editar

A estación balnearia ten seis fontes termals reputadas por posuír propiedades medicinais. Un dos manaciais da fonte de santo Agostiño é de uso público.