BATSAT (acrónimo de Broadband Advanced Technologies Satellite), coñecido tamén como Teledesic T1, foi un satélite artificial de Teledesic lanzado o 26 de febreiro de 1998 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[5][2][4]

BATSAT / Teledesic T1
TipoExperimental
OrganizaciónTeledesic
Contratistas principaisOrbital Sciences Corporation
Data de lanzamento26 de febreiro de 1998[1][2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[5][2]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[5][2]
Decaemento9 de outubro de 2000[1]
NSSDC ID1998-012B
Masa120 kg[5][2][4]

Características editar

BATSAT foi un satélite experimental e demostrador tecnolóxico previo para a constelación de satélites de comunicacións de Teledesic. Foi lanzado a unha órbita baixa (565 km de altura) desde a que se fixeron probas operativas simulando un satélite en produción. Entre os parámetros estudados co satélite estiveron o arrastre atmosférico á altura de operación do satélite, o control de potencia das ligazóns de radio, o retardo na propagación da radio en banda Ka debido á atmosfera, a sincronización co GPS, a estabilidade da ligazón láser e as interferencias causadas polo Sol e a Lúa. Despois de cumprir a súa misión, BATSAT reentrou na atmosfera terrestre o 9 de outubro de 2000.[5][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "BATSAT" (en inglés). 2022. Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2022). "BATSAT" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  3. "Note verbale dated 22 July 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (98-55196 (E)): 16. 4 de agosto de 1998. Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2022). "BATSAT" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BATSAT (Teledesic T1)" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar