O B/O Lura é un buque oceanográfico, un dos cinco que compoñen a frota do Instituto Español de Oceanografía.[1] Ten a súa base no porto da Coruña,[2] e adoita utilizarse en campañas de oceanografía e ecoloxía costeira, principalmente en augas de Galicia.[3]

B/O Lura
Historial España
Operador Instituto Español de Oceanografía
Porto de rexistro A Coruña
Destino Investigación oceanográfica
Características xerais
Desprazamento 29,58 t
Eslora 14,30 m
Manga 4,04 m
Calado 1,83 m (máximo)
Propulsión 1 motor diésel
Potencia 160,00 CV
Velocidade 8 nós ~ 16 km/h
Autonomía 4 días
Tripulación 5, máis 5 persoal investigador

Características editar

De casco é de madeira, ten unha eslora de 14,30 m, unha manga de 4,04 m e un calado máximo de 1,83 m. É propulsado por un motor diésel de 160,00 CV. Dispón dunha tripulación de 5 mariñeiros, e pode levar 5 individuos de persoal científico. Leva 5 camas (só para os tripulantes). A súa matrícula é 8ª CO 2/3-91.[2]

Material de cuberta editar

  • Torno oceanográfico: cabo eléctrico 300, 4 mm diámetro, peso 500 kg
  • Guindastre hidráulico: 500 kg, lonxitude 3 m, cabo 7 mm, 300 m de lonxitude
  • Soporte para botellas Niskin e Nansen

Material de ponte editar

  • Radar: Sperry de 60 millas
  • Ecosonda: Skipper 802, 1000 m de profundidade
  • Piloto automático: Sperry 680
  • Comunicacións: 1 VHF,1 om,1 pr-27, 1 teléfono portátil (608176819)
  • Sistema de navegación: GPS RS 5310
  • Radiobaliza: Salvair IT-271
  • Receptor direccional: Gonio Crame-Finder ADF-2206

Laboratorio editar

Dispón dun pequeno local que se pode utilizar como laboratorio.[4]

Notas editar

  1. IEO. Flota. Consultado o 12 de maio de 2020.
  2. 2,0 2,1 IEO. B/O Lura. Características generales. Consultado o 13 de maio de 2020.
  3. IEO. B/O Lura. Descripción. Consultado o 13 de maio de 2020.
  4. IEO. B/O Lura. Equipamiento. Consultado o 13 de maio de 2020.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar