Bálsamo negro de Riga
O bálsamo negro de Riga é un forte licor de herbas de orixe letoa. A receita do bálsamo combina 24 ingredientes, incluíndo as herbas, raíces, froita silvestre, zume de froitas, mel, azucre queimado e varios elementos moito máis específicos como frundo, xanzás ou aceite balsámico peruano[1].
Historia
editarA invención do bálsamo negro de Riga atribúese ao farmacéutico letón Abraham Kunze no ano 1752. Porén as primeiras receitas que describían licores de herbas no país datan do século XVI. O farmacéutico, veciño de Riga, foi acusado pola prensa de ter replicado receitas populares previas ao 1737 na súa invención. Cara 1752 Kunze xa producía o licor de herbas a volumes industriais. A partir do ano 1845, o renome de principal produtor do licor pasa a mans de Albert Wolfschmidt.
No ano 1860 o licor é galardoado coa medalla de prata na Feira de San Petersburgo, onde se presentou co nome de "o verdadeiro Licor de herbas de Riga de Kunze", trala feira o licor pasou a ser coñecido simplemente como o ″bálsamo negro de Riga″.
De acordo cunha lenda popular só dous aprendices do mestre licoreiro coñecían a receita. Esta receita orixinal non puido ser recuperada durante a marcha en 1939 dos colonos alemáns previa a Ocupación Soviética de Letonia. O que levou a un traballo de 5 anos de recuperación a finais da segunda guerra mundial para replicala. [2]
Elaboración
editarO bálsamo negro de Riga acada após a súa destilación un 45% de alcol por volume. Na súa elaboración empréganse barrís únicos de madeira de carballo. Na cocción en barril mestúrase cos aromas do resto de ingredientes, como o mel, o caramelo ou o zume de froitas para ser posteriormente embotellado en xarros de arxila.
Hoxe o bálsamo negro de Riga comercialízase na súa receita orixinal ou co sabor engadido de groselleira negra, cereixa ou ron.
Notas
editar- ↑ Bálsamo negro de Riga Arquivado 30 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Historia do bálsamo negro (en inglés)