Axuda:Introdución a Wikipedia
Como pode contribuír?
Non teña medo a editar – Calquera persoa pode editar case tódalas páxinas, só atope algo que poida ser mellorado e fágao!. Pode crear novos artigos, mellorar artigos existentes engadindo contido, referencias e imaxes, ou facer correccións de ortografía, gramática e lexibilidade. Se desexa engadir novos contidos, por favor intente proporcionar referencias fiables para que poidan ser verificados. Lembre, non romperá nada; tódalas edicións poden ser consolidadas ou melloradas posteriormente. Así que adiante, edite un artigo e axude a facer de Wikipedia a mellor fonte de información en Internet.
Suxira melloras – Cada artigo ten tamén unha páxina de conversa, onde pode suxerir melloras e correccións de contido.
Doe - Wikipedia é libre de usar, pero depende de doazóns para que siga sendo así. Por favor considere doar usando a ligazón Doazóns situada no lateral esquerdo e axude a cubrir os seus custos de mantemento.
Por que non probar o editor agora mesmo?
Pode probar como se edita agora mesmo, editando unha das páxinas de proba.
Simplemente escriba algo e prema en Gardar a páxina, na parte inferior.
Rexístrese para crear unha conta
Pode editar de forma anónima, pero hai moitos beneficios se crea unha conta.
Hai moito máis detrás
Ademais dos seus artigos, Wikipedia ten un gran número de páxinas da comunidade:
- Wikiproxectos – Grupos de traballo de interese
- Páxinas de axuda – Apoio e asesoramento por parte de wikipedistas
- Portal da comunidade – Directorio xeral das páxinas da comunidade