Axeo[1][2] (en hebreo חַגַּי, Ḥaggay ) foi un dos doce profetas hebreos menores e o autor do Libro de Axeo, redactado polo ano 520 a C. Escrito á volta do exilio de Babilonia, contén catro discursos destinados a promover a reedificación do templo de Xerusalén. O seu nome significa festa, solemnidade.

Axeo (co número 8) na Porta Santa da Catedral de Santiago.

Vida editar

Axeo, Zacarías e Malaquías foron os tres profetas posteriores ao desterro de Babilonia. Axeo e Zacarías foron coetáneos e Malaquías viviu un século despois.

Coñécese moi pouco da súa vida. Quizais foi un dos cativos levados a Babilonia por Nabucodonosor II. Empezou o seu ministerio aproximadamente dezaseis anos despois do retorno dos xudeus a Xerusalén. O traballo de reconstruír o templo detívose polo desánimo dos exiliados e as intrigas dos samaritanos. Zerubabel fillo de Salatiel e Josue gobernantes contemporáneos eran os encargados de facer a obra.[3] Tras estar paradas as obras de reconstrución do templo durante dezaoito anos, renováronse despois dos esforzos de Axeo e Zacarías.[4] Eles exhortaron ao pobo, que espertou do seu letargo, e inducíronlle a aproveitarse do cambio de política cara aos xudeus do goberno persa baixo Darío o Grande. A súa principal mensaxe foi restaurar a confianza do pobo xudeu en Deus por medio de ilustracións (1:6) e de levalos á meditación do apoio de Deus ao pobo. O libro de Axeo termina cunha pequena exhortación á infidelidade do pobo (2:10...) e cunha promesa cara ao Gobernador Zerubabel por obedecer na construción do templo.

A Igrexa católica celébrao o 4 de xullo. A Igrexa Ortodoxa celebra a súa festa o 16 de decembro e a Igrexa armenia o conmemora canda ao resto dos profetas menores: o 31 de xullo.

Notas editar

  1. "Axeo". DEGU 6. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 122. ISBN 84-7680-429-6. 
  2. "Axeo". EGU 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 453. ISBN 84-7680-288-9. 
  3. Esdras 4:4-5
  4. Esdras 6:14-15

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar