Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.[1]

Axencia Galega de Innovación
Logo
Tipoaxencia gobernamental
Data de fundación2012
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
42°51′47″N 8°33′16″O / 42.862937, -8.554318
Na rede
http://gain.xunta.es/
editar datos en Wikidata ]

A Axencia creouse o 12 de xaneiro do ano 2012 polo o Decreto 50/2012, no que se aprobaron os seus estatutos, que se modificaron polo Decreto 15/2014, do 6 de febreiro, co cal a súa estrutura organizativa quedou dividida nas seguintes catro unidades orgánicas, dependentes directamente da Dirección da Axencia: Área de Xestión, Área de Programas, Área de Servizos e Área de Centros.[2]

A súa sede está situada na Rúa Airas Nunes s/n, Conxo, Santiago de Compostela.[1]

Obxectivos editar

Os obxectivos da GAIN son:[1]

  1. Liderar as políticas de innovación das administracións públicas galegas.
  2. Definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento.
  3. Definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia.
  4. Definir e desenvolver as políticas públicas dirixidas a incrementar a eficiencia en resultados do Sistema Galego de Innovación, avaliados mediante a implantación dun sistema de indicadores de impacto contrastable.
  5. Estimular a estruturación e consolidación do Sistema Galego de I+D+i.
  6. Fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma Galega.
  7. Promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema Galego de Innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta.
  8. Promover a progresiva internacionalización dos axentes e das iniciativas de innovación impulsando a presenza de empresas nos programas europeos de innovación e o acceso a fondos de financiamento internacionais.
  9. Definir e desenvolver políticas públicas dirixidas á captación e xestión do talento que permitan, no seu conxunto, incrementar o rendemento innovador das empresas e do Sistema Galego de Innovación.
  10. Coordinar os recursos autonómicos no ámbito da I+D+i e concertalos cos que se acheguen desde contribucións de plans estatais e fondos da Unión Europea.
  11. Favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.
  12. Apoiar a promoción e divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico en Galicia, promovendo o interese da sociedade pola investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Dirección editar

A GAIN está dirixida pola economista Patricia Argerey Vilar,[1] unha das mulleres galegas máis relevantes no sistema de STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas),[3] e impulsora da incorporación da muller ás novas tecnoloxías.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar