Un avichucho é un ser mitolóxico con forma de persoa ou ave de aspecto desagradable. Probablemente son morcegos, ananos, estes transfórmanse en mouchos e gardan tesouros ou tamén poden ser mouros.[1]

Ilustración dun avichucho (ser feo que se transforma noutros seres.

Lenda editar

Sobre un penedo entre o río Miño e o castro de Vilarmirón, en Monforte, aparecéuselle a un pescador unha rapaza moi bonita. A moza contoulle que tiña un encanto sobre ela, se o pescador a axudaba a cambio obtería riquezas e mesmo casaría con el.

O pescador aceptou, e segundo as ordes da moza, buscou unha abeleira da que recolleu abelás que foi partindo naqueles lugares onde a moza foiselle aparecendo sentada. En canto ás cascas, foinas tirando ao río ata que de súpeto tremeu a terra e os penedos arrolaron cara ao río. De debaixo dun deles xurdiu unha grande ave que abrazou ao pescador e o puxo a salvo. Logo do incidente a ave transformouse na moza e cumpriu a súa promesa regalándolle os tesouros do castro de Vilarmirón.

Notas editar

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).

Bibliografía editar