Avelino Barbeito
Andrés Avelino Barbeito Hermosilla, nado na Coruña o 14 de xuño de 1849 finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1914,[1] foi un tipógrafo e poeta galego.
Avelino Barbeito | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1849 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 9 de febreiro de 1914 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Fillos | María Barbeito |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Foi secretario dos concellos de Pontedeume e Betanzos. Militou no Partido Republicano e foi un dos asinantes do Manifesto solidario de setembro de 1907, que promoveu o inicio de Solidaridad Gallega. Foi presidente da Asociación de Auxilios dos Dependentes de Comercio da Coruña. Publicou poemas en El Eco de Santiago, Santiago e outras revistas e xornais da época usando moitas veces o pseudónimo Noé Vila, anagrama do seu nome. É autor do libro de versos bilíngüe Nada (1906). Recibiu o premio da Academia de Montreal pola súa tradución da obra Magali de Frédéric Mistral e o do Ateneo de Trobadores de Tolosa pola vinculación á obra dos felibres.
Vida persoal Editar
Casou con María Cerviño Vázquez e foi pai de María Barbeito Cerviño.
Notas Editar
- ↑ El Noroeste, 10-2-1914, p. 3.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barbeiro y Hermosilla, Andrés Avelino. Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 465. ISBN 84-7154-390-7.
- Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 92.