Abrir o menú principal

A autorregulación é o proceso de control que todo ser vivo exerce sobre as súas funcións. É o resultado de mecanismos adaptativos internos que traballan para axustar (ou mitigar) os seus sistemas biolóxicos en resposta a determinados estímulos externos.

Realízase mediante unha serie de reaccións químicas que se producen en diferentes órganos (ou orgánulos, no caso dos unicelulares) e que lle permiten ao ser vivo adaptarse e relacionarse co medio que o rodea, tanto no que respecta ao ambiente físico como ao resto de seres vivos que habitan con el. Grazas a iso, o individuo pode buscar os seus alimentos, defenderse dos seus inimigos, buscar outros individuos de sexo oposto (no caso da reprodución sexual), adaptarse ás variacións do medio (e mesmo migrar a outras zonas máis apropiadas durante as estacións desfavorábeis) e, en fin, permanecer con vida no lugar en que habita.

León macho adulto e cría comendo un búfalo

Nos animais, o proceso darwiniano de selección natural, constitúe unha forma complexa de autorregulación: un sistema composto polas presas e os seus depredadores autorregúlase segudo un mecanismo descrito pola ecuación de Bernoulli e, se faltara, tanto as presas coma os depredadores desapareceían.

Os animais homeotérmicos (de sangue quente, na linguaxe corrente), deben esta condición a teren a súa temperatura corporal autorregulada, o que fai máis simple o desenvolvemento do embrión. Richard Dawkins sinala que o código xenético dos anfibios é máis complexo que o do home, e atribúe esa diferenza á complexidade acrecentada do desenvolvemento dos embrións a temperatura variábel.[1]

No home, aínda que moitos sistemas do corpo posúen algún grao de autorregulación, obsérvanse máis claramente no ril, no corazón e no cerebro.[2]

Nestes órganos, especialmente nos dous últimos, a autorregulación é esencial para a vida, e a través deles o corpo pode desviar sangue (e, polo tanto, oxíxeno) cara a onde máis se necesite.[3][4]

NotasEditar

  1. A velocidade dunha reacción química, incluídas as bioquímicas, case se duplica cando a temperatura aumenta en 10 °C.
  2. Autoregulation
  3. Costanzo, Linda S. (2007). Physiology. Hagerstwon, MD: Lippincott Williams & Wilkins. páx. 81. ISBN 0-7817-7311-3.
  4. Sarnoff SJ, Mitchell JH, Gilmore JP, Remensnyder JP (1960). "Homeometric autoregulation in the heart" (PDF). Circulation Research 8: 1077–1091. PMID 13746560. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar