Aurelio Salgueiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Aurelio Salgueiro López, nado en Monforte de Lemos en 1936 e finado en Mondragón (Guipúscoa) o 28 de agosto de 1978, foi un garda civil galego, asasinado por membros dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, unha escisión de ETA de carácter anarquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 Monforte de Lemos, España |
Morte | 28 de agosto de 1978 (41/42 anos) Mondragón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | garda civil |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMembro da Garda Civil co grao de cabo primeiro, en 1970 foi destinado ao cuartel de Mondragón. Entre os seus traballos estaba o de ir recoller o correo para o cuartel, e un día facendo isto, foi asasinado por disparos de pistola, unha Browning GP-35, feitos por dous homes, que despois fuxiron nun automóbil conducido por outro. Faleceu no sitio, e foi soterrado en Monforte.
A arma foille uns meses máis tarde incautada a un home, José María Iturrioz, á súa vez morto por disparos, neste caso da Garda Civil, e logo de participar nun ataque ao cuartel de Aretxabaleta.