Aurelio Núñez Prieto

ferreiro e político galego

Aurelio Núñez Prieto, nado en Vilamartín de Valdeorras cara a 1895 e finado na Rúa nos anos corenta, foi un ferreiro e político galego.

Infotaula de personaAurelio Núñez Prieto
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Vilamartín de Valdeorras Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1940 Editar o valor em Wikidata (44/54 anos)
A Rúa Editar o valor em Wikidata
Causa da morteleucemia Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Rúa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Ferreiro, instalouse na Rúa. Afiliado á Sociedad de la Tierra de Fontei da UGT e militante do PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi designado concelleiro e nomeado despois alcalde da Rúa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado na casa da súa nai e na doutros veciños. Foi detido o 10 de febreiro de 1938 cando estaba agochado no faiado da súa casa no barrio da Estación da Rúa.[1] Non foi procesado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938,[2] do que resultou unha multa de 200 pesetas en 1941. Morreu de leucemia nos anos corenta.

  1. La Región, 16-2-1938, p. 3.
  2. BOP Ourense, 23-3-1938, p. 1.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
?
  
Alcalde da Rúa
 
1936
Sucesor:
?