Augusto Fernández

futbolista arxentino

Augusto Matías Fernández, nado o 10 de abril de 1986 en Pergamino, provincia de Buenos Aires, é un exfutbolista arxentino que xogaba na demarcación de extremo dereito.

Modelo:BiografíaAugusto Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Augusto Matías Fernández Editar o valor en Wikidata
10 de abril de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Pergamino, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade29 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo12 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Valencia CF
2005–2010 CA River Plate
2009–2010 cesión AS Saint-Étienne 12(1)
2010–2012   CA Vélez Sársfield 76(18)
2012–2015   Celta de Vigo 113(10)
2016–   Atlético de Madrid
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–   Arxentina
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6638520 Twitter: augusto12f FIFA: 298892 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Debutou profesionalmente co River Plate no ano 2006, na vitoria do club millonario ante Tiro Federal por 5-0. Dous anos despois, no 2008, o club de Buenos Aires proclamouse campión do trofeo Clausura baixo as ordes de Diego Simeone, e disputando Augusto 15 dos 19 encontros do campionato.

O 28 de agosto de 2009 foi cedido ao AS Saint-Etienne francés polo propietario dunha parte dos seus dereitos federativos, o empresario israelí Pinhas Zahavi. Porén non chega a ter continuidade no equipo francés polo que ao rematar a tempada volve a Arxentina.

O 9 de xullo de 2010, o Vélez Sarsfield mercou a totalidade dos dereitos do xogador por millón e medio de dólares. No seu primeiro ano na disciplina o club rematou subcampión do trofeo Apertura, xogando 12 encontros como titular. No trofeo Clausura do ano 2011 Vélez proclamouse campión, coa achega de Augusto de catro goles en 17 encontros disputados.

O 9 de agosto de 2012, Augusto fichou polo Celta de Vigo, recentemente ascendido a Primeira División.

Palmarés

editar
River Plate
Vélez Sársfield

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar