AS Saint-Étienne

(Redirección desde «AS Saint-Etienne»)

A Association Sportive de Saint-Étienne Loire é un club de fútbol francés, da cidade de Saint-Étienne en Ródano-Alpes. Foi fundado en 1933 e xoga na Ligue 1 francesa. A pesar de provir dunha cidade de 180 000 habitantes, é o club con máis títulos de Francia.

Saint-Étienne
NomeAssociation Sportive de Saint-Étienne Loire
Alcume(s)Les Verts
Fundación1919
EstadioStade Geoffroy-Guichard,
Saint-Étienne, Francia
Inauguración1931
Capacidade42 000
PresidenteFrancia Bernard Caiazzo
Francia Roland Romeyer
AdestradorFrancia Jean-Louis Gasset
LigaLigue 1
2016–17
Na rede
http://www.asse.fr/
Facebook: asseofficiel Twitter: ASSEofficiel Instagram: asseofficiel Youtube: UCscJOCFCeR6f61BaHJdJ9Eg TikTok: asseofficiel Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

En xullo de 1909 a Asociación de empregados da Société des magasins Casino crea un club polideportivo, o ASC (polas iniciais da asociación). En 1920 este club chamouse l'Amical Sporting Club, para poder manter as iniciais.

En 1933 o equipo vólvese profesional e cámbiase o nome polo actual, Association Sportive de Saint-Étienne Loire que debutaría na máxima categoría do fútbol francés na tempada 1938-39. Pero non seria ata 1957 cando chegase o maior logro da entidade ata ese momento, a proclamación como campión de liga e a súa primeira participación na Copa de Europa ante o Glasgow Rangers.

Con todo a era dourada dos "verdes" chegaría con Roger Rocher como presidente, durante esta etapa obtería nove ligas, das cales tres foron consecutivas, e seis copas de Francia, a primeira en 1962. Ademais logra chegar á final da Copa de Europa da tempada 1975-76 onde caería derrotado por 0-1 ante o Bayern de Múnic.

En 1981 o club consegue o seu décimo título de liga que lle vale para ser o único equipo de Francia que pode ter no seu escudo a estrela que simboliza as dez ligas. Un ano máis tarde, en 1982, Roger Rocher deixa de ser presidente do club, marcado o seu final o seu ingreso en prisión por mor de falta de pagamentos aos xogadores.

No ano 2006 o xornal L'Equipe Magazine distinguiu ao club como o mellor equipo de fútbol francés de todos os tempos. O Saint-Étienne é o club francés que máis Ligas gañou, dez en total.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón verde e medias brancas.

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Torneos internacionais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar