Augustin Prosper Hacquard

padre branco francés, vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán

Augustin Prosper Hacquard, M. Afr., nado o 18 de setembro de 1860 en Albestroff (na rexión da Lorena) e finado o 4 de abril de 1901 no río Níxer preto de Ségou (Malí), foi un padre branco francés, vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán dende 1898 até o seu pasamento.

Infotaula de personaAugustin Prosper Hacquard

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Augustin Hacquard Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1860 Editar o valor em Wikidata
Albestroff, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 1901 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
África Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
19 de xaneiro de 1898 –
Diocese: Q522466 Traducir
Vigairo apostólico
19 de xaneiro de 1898 –
Diocese: Arquidiocese de Bamako (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1898–), sacerdote católico (1884–), explorador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSociedade dos Missionários da África (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónFrançois-Marie-Benjamin Richard de la Vergne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu o 18 de setembro de 1860 en Albestroff (na rexión da Lorena), fillo do agricultor Christophe Hacquard e de Thérèse Ohlmann, e estudou no seminario menor de Pont-à-Mousson.[1][2] Entrou no novizado en 1878 preto de Alxer, e o 8 de setembro de 1884 foi ordenado sacerdote dos Misioneiros de África; posteriormente pasou a ser profesor no seminario menor de Saint-Eugène, e preparou un doutoramento especializándose en lingua árabe e linguas africanas.[1][2]

Dentro da súa actividade misioneira destaca a súa participación dunha misión en 1894 entre os tuaregs, e a dirección da primeira expedición misioneira a Tombouctou, á que chegou o 21 de maio de 1895.[2] O 19 de xaneiro de 1898 foi nomeado vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán e bispo titular de Rusicade, con xurisdición sobre o Sudán francés.[1][2] Recibiu a ordenación episcopal o 28 de agosto do mesmo ano, de mans do cardeal François-Marie-Benjamin Richard, e tivo como co-consagradores a Léon-Antoine-Augustin-Siméon Livinhac, superior da súa congregación, e a Alexandre-Louis-Victor-Aimé Le Roy, superior da Congregación do Espírito Santo.

Foi autor de obras sobre a lingua songai e sobre Tombouctou.[2] Finou afogado o 4 de abril de 1901 no río Níxer preto de Ségou (entón no Sudán francés, hoxe en Malí).[1][2]

Obra editar

  • Manuel de la langue soñgay, parlée de Tombouctou à Say dans la boucle du Niger [Manual da lingua songai, falada dende Tombouctou até Say no meandro do Níxer]. Xunto con Auguste Dupuis Yacouba. París: J. Maisonneuve. 1897. 
  • Monographie de Tombouctou [Monografía de Tombouctou]. París: Société des Études Coloniales & Maritimes. 1900. 

Premios e distincións editar

O 24 de abril de 1897 foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 *Boudon, Jacques-Olivier (2021). Dictionnaire des évêques français du XIXe siècle. Editions du Cerf. ISBN 9782204141109. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Behn, Wolfgang (2006). Concise Biographical Companion to Index Islamicus: Bio-bibliographical Supplement to Index Islamicus, 1665-1980. 2 (H-M). BRILL. pp. 3–4. ISBN 9789047418092. 
  3. "HACQUARD Prosper Augustin". Base Léonore. Consultado o 13/04/2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar