Abrir o menú principal

Schack August Steenberg Krogh

(Redirixido desde "August Krogh")

Schack August Steenberg Krogh, nado en Grenaa o 15 de novembro de 1874 e finado en Copenhague o 13 de setembro de 1949, foi un fisiólogo danés.

August Krogh
Nobel prize medal.svg
August Krogh Bain 32006.jpg
Datos persoais
Nacemento15 de novembro de 1874
LugarGrenaa (Dinamarca)
Falecemento13 de setembro de 1949, 74 anos
LugarCopenhague (Dinamarca)
ResidenciaDinamarca
NacionalidadeDanesa
CónxuxeMarie Krogh
Actividade
Campomedicina
Alma máterUniversidade de Copenhaguen
Contribucións e premios
Coñecido porPor establecer o mecanismo que regula o intercambio gasoso na respiración e por descubrir a fisioloxía dos vasos capilares
PremiosPremio Nobel de Medicina (1920)
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De etnia xitana, cursou estudos na Universidade de Copenhague, da que foi profesor de fisioloxía animal desde 1916 até 1945.

Comezou as súas investigacións en Groenlandia, relativas ó sistema respiratorio dalgúns animais e do home. Durante as súas investigacións desenvolveu un microtonómetro para medir a tensión do osíxeno e do anhídrido carbónico no sangue arterial. Posteriormente as súas investigacións dirixíronse cara ó estudo das actividades funcionais dos vasos capilares.

Obtivo o Premio Nobel de Medicina por establecer o mecanismo que regula o intercambio gaseoso na respiración e por descubrir a fisioloxía dos vasos capilares.