Medusa

invertebrado maeiño
(Redirección desde «Augamar»)
Medusa

Chrysaora quinquecirrha
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Hatschek, 1888
Subfilo: Medusozoa
Clases

Hydrozoa - hidromedusas
Scyphozoa - escifomedusas
Cubozoa - cubomedusas

A medusa, augamar[1] ou aguamar[2] é un animal invertebrado que pertence ó grupo dos cnidarios. Atópanse en todos os océanos do planeta, dende a superficie até as profundidades. Algunhas medusas habitan en auga doce. As medusas vagaron polos mares dende hai 500 millóns de anos,[3] ou se cadra, dende hai 700 millóns ou máis.[4] As especies actuais presentan unha morfoloxía moi semellante ás especies fósiles.[5]

Viven afastadas da costa, pero poden achegarse en cantidades variables por mor das correntes de auga. A chegada de medusas á costa é un fenómeno natural que se produce durante a primavera e o verán.[6]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augamar.
  2. [1]
  3. "Fossil Record Reveals Elusive Jellyfish More Than 500 Million Years Old". Science daily (en inglés). 2 de novembro de 2007. 
  4. "So Much More Than Plasma and Poison". The New York Times (en inglés). 6 de xuño de 2011. 
  5. Gili, Josep-Maria. Recerca en acció, ed. "Què són les meduses?". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  6. Agència Catalana de l'Aigua (ed.). "Meduses" (PDF). Consultado o 2 de agosto de 2013.