Attilio Bignasca
político suizo
Attilio Bignasca, nado en Lugano o 1 de novembro de 1943 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 2020, foi un empresario e político suízo, un dos dirixentes da Liga dos Tesineses.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1943 Lugano, Suíza |
Morte | 29 de marzo de 2020 (76 anos) Lugano, Suíza |
Membro do Consello Nacional de Suíza | |
1 de decembro de 2003 – 31 de decembro de 2009 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berna |
Ocupación | emprendedor , político |
Partido político | Ticino League (en) |
Lingua | Lingua italiana |
Familia | |
Irmáns | Giuliano Bignasca (pt) |
Traxectoria
editarIrmán do tamén político e empresario Giuliano,canda el dirixiu unha empresa de construción, a A+G Bignasca e en 1991 entrou no partido que fundara seu irmán, a Liga dos Tesineses. No ano 1991 entrou por vez primeira no Gran Consello do Tesino e en 1993 no consello municipal de Agno.
Entre2003 e 2009 foi deputado no ;Consello Nacional[1]. No ano 2012 estableceuse en Lugano presentándose como candidato nas municipais[2][3], resultando elixido concelleiro[4]
Notas
editar- ↑ Perfil de Attilio Bignasca Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. na Asemblea Federal de Suíza
- ↑ "Anche Attilio Bignasca in lista". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 09 de setembro de 2015.
- ↑ Attilio Bignasca scende in campo per il Consiglio comunale
- ↑ Elezioni Comunali 2013