Atomizer é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Big Black, editado o 1 de xaneiro de 1986 a través do selo Homestead Records.[2]

Atomizer
Álbum de Big Black
Publicado1 de xaneiro de 1986
Duración37:37
Xénero(s)noise rock, post-hardcore, rock industrial[1]
Selo(s)Homestead Records
ProdutorSteve Albini
Cronoloxía
Racer-X
(1985)
Atomizer The Hammer Party
(1986)
Na rede
Discogs: 6398 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi publicado en CD, co EP Headache e o sinxelo "Heartbeat", co nome The Rich Man's Eight Track Tape, onde se eliminou a canción instrumental "Strange Things", ademais do libreto do LP orixinal. Isto débese á aversión de Steve Albini ao formato CD.

Sinxelos

editar

Unha canción do álbum, "Big Money", foi lanzada como cara b do sinxelo "Il Duce" antes da edición de Atomizer. Homestead Records tamén publicou "Big Money" e "Il Duce" como a cara a dun disco de 12", con tres temas ao vivo na cara b (incluída a versión en directo de "Cables", que aparecería en Atomizer) co acordo de que o 12" se usase só par propósitos promocionais. O selo enviou o 12" de promoción a emisoras de radio, e despois vendeu copias extra fóra de Chicago, a cidade de Big Black, agardando que a banda non se enterase. Cando o fixo, Big Black deixou Homestead e fichou por Touch and Go Records.[3]

Continuación e lanzamentos en CD

editar

No ano seguinte ao lanzamento de Atomizer, Big Black gravou o seu EP de catro cancións Headache e publicouno cun adhesivo que dicía, "Atención! Non tan bo como Atomizer, así que non te fagas ilusións". O mesmo adhesivo tamén aparece nalgunhas copias do EP de Sonic Youth Master=Dik. Ese mesmo ano Atomizer foi recompilado nun CD xunto co EP Headache e o sinxelo "Heartbeat" co nome de The Rich Man's Eight Track Tape. O CD omitiu o tema 9 "Strange Things", así como a arte e o libreto dos discos orixinais. No seu lugar, Steve Albini expresou o seu desgusto xeral co formato CD no libreto dicindo, "Este disco compacto, compilado para explotar a aqueles de vostedes o suficientemente crédulos como para posuír o bastardo sistema de música dixital de primeira xeración, contén masters completamente analóxicos. Os discos compactos son bastante duradeiros, sendo esta a súa única vantaxe sobre os medios musicais reais. Debe aproveitar cada oportunidadi para rascalos, tomarlles pegadas dactilares e comer sándwiches de ovo e touciño neles. Nov se preocupe pola súa lonxevidade, xa que Philips declararaos obsoletos cando comece a seguinte fase da bonanza tecnolóxica que exprime o mercado".[4]

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Big Black

N.º Título Duración
1. "Jordan, Minnesota"   3:20
2. "Passing Complexion"   3:05
3. "Big Money"   2:30
4. "Kerosene"   6:05
5. "Bad Houses"   3:10
7. "Fists of Love"   4:21
8. "Stinking Drunk"   3:27
9. "Bazooka Joe"   4:23
10. "Strange Things"   3:54
11. ""Cables" (ao vivo)"   3:12
  1. "Big Black - Atomizer". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-15. 
  2. "Big Black - Atomizer" (en castelán). Consultado o 2022-12-15. 
  3. Azerrad, Michael (2002). Our band could be your life : scenes from the American indie underground 1981-1991 (First Back Bay paperback edition ed.). Boston. p. 314. ISBN 0-316-78753-1. OCLC 50483014. 
  4. "The Rich Man's Eight Track Tape - Big Black". Touch and Go. Consultado o 2022-12-15.