Racer-X
EP de Big Black
Data de edición: 1984
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación:
Duración: 15:36
Xénero musical: noise rock, post-hardcore
Selo discográfico: Homestead Records
Producido por:
Cronoloxía
Bulldozer Racer-X Atomizer

Racer-X é o terceiro EP da banda estadounidense de post-hardcore Big Black, publicado no ano 1984 a través do selo Homestead Records. O traballo foi reeditado por Touch and Go Records en 1992.

Racer-X foi o primeiro disco de Big Black en cimentar a súa formación instrumental de dúas guitarras, un baixo e unha caixa de ritmos Roland TR-606. Foi o derradeiro traballo en contar co baixista Jeff Pezzati que doixou a banda para dedicar máis tempo ao seu grupo principal, Naked Raygun.

Ao igual que os dous primeiros EPs de Big Black, o disco orixinal só seis cancións (cinco de Big Black e unha de James Brown), cunha duración de menos de 20 minutos.

Título editar

Racer X era unha personaxe da serie seminal de anime Speed Racer. A canción título do EP fai numerosas referencias ao programa de televisión orixinal.

Sinxelo editar

A canción "Il Duce" (sobre Benito Mussolini) gravouse na mesma sesión que os temas de Racer-X. A canción foi editada o seguinte ano como un sinxelo en 7" con "Big Money", do álbum Atomizer, como cara b. Homestead Records tamén lanzou unha versión promocional en 12" do sinxelo con "Il Duce" e "Big Money" na cara A e tres temas ao vivo na B.[1]

Portada editar

O EP orixinal ten unha portada realizada por Nate Kaatrud (máis coñecido como National Kato/Nash Kato) da banda Urge Overkill. Cando Touch and Go reeditou o traballo en 1992 non atoparon a portada orixinal e deseñouse unha nova.[1]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Big Black, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Racer-X"    4:01
2. "Shotgun"    3:28
3. "The Ugly American"    2:41
4. "Deep Six"    3:14
5. "Sleep!"    2:42
6. "The Big Payback"  James Brown 2:29

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Big Black: Racer X". www.dementlieu.com. Consultado o 2020-08-27.