Atol das Rocas
Atol das Rocas | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | Brasil |
Illa principal | Farol; Cemitério |
Linguas | |
Poboación (2010) | |
Superficie | 0´36 km² |
Superficie lagoa | 7´5 km² |
Nº de illas | 2 |
Coordenadas | 03°52′S 33°49′O / -3.867, -33.817 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
O Atol das Rocas é un atol no Océano Atlántico localizado a 03°52' S 33°49' O que pertence ao Brasil, facendo parte do estado do Río Grande do Norte, estando a 245 km da cidade de Natal, e a 146 km do arquipélago de Fernando de Noronha.
Historia e características editar
Ten unha forma oval, con 3´7 km por 2´5 km, e unha superficie total de 7´5 km², dos cales apenas uns 360 mil m² son terra firme e o resto é a lagoa interior do atol. Foi descoberto en 1503. O océano próximo ao atol non é moi profundo, tornándose perigoso para a navegación.
As súas augas próximas son un santuario para diversas especies de aves, peixes, quenllass, tartarugas e cangrexos, e forman a primeira reserva biolóxica mariña creada no Brasil. En 2001 a UNESCO declarouno patrimonio da humanidade. O atol consiste principalmente de coral e algas vermellas. O anel de coral está case fechado e conta con dúas canles naturais, unha de 200 m. no norte e outra moito máis estreita no oeste.
Illas do Atlántico brasileiro: Fernando de Noronha e Reserva do Atol das Rocas | |
---|---|
Faro do atol | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Brasil |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 2001 (25ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 1000rev |