Atol Ontong Java

atol das Illas Salomón
Ontong Java
Atol
Datos
País Illas Salomón
Illa principal Luaniua e Pelau
Linguas
Poboación (2009) 1.800 hab.
Superficie 12 km²
Superficie lagoa 1.300 km²
Nº de illas >120
Coordenadas 5°16′S 159°21′L / -5.267, -159.350
Maior Altura 13 m.
Localización
Localización do atol

O atol Ontong Java ou Luangiua é un dos maiores atois na terra. Ás veces coñécese como atol Lord Howe que non se debe confundir con Illa de Lord Howe ao leste de Australia.

Descrición editar

Administrativamente Ontong Java pertence á Illas Salomón. Como parte da periferia da provincia de Malaita, que constitúe a zona máis setentrional deste estado, máis de 250 km ao norte da Illa de Santa Isabel. A terra máis próxima, con todo, é a do atol Nukumanu, que se atopa a só 38 km ao norte da punta norte de Ontong Java e que está baixo a administración de Papúa Nova Guinea.

Ontong Java ten máis ou menos forma de bota. O tamaño total do atol é de 1400 km², pero hai só 12 km² de terra, repartidos en 122 pequenas illas. As illas son na súa maioría terras baixas de formacións de coral, a elevación máis alta é de 13 metros.

Aproximadamente 2.000 persoas viven no atol, 1200 na illa de Luaniua no extremo oriental e 800 en Pelau no nordés.

Historia editar

 
Carta náutica histórica do atol Ontong Java

As illas foron habitadas por polinesios, aproximadamente fai 2.000 anos. O primeiro avistamento europeo verificable foi feito por Abel Tasman en 1643, que a chamou Ontong Java, con todo, non foi ata 1791 que os europeos poñen o pé nas illas (un inglés chamado John Hunter, que o chamou atol de Lord Howe). En 1893 as illas foron anexadas por Alemaña e posteriormente cedidas a Gran Bretaña en 1899.

Hoxe en día os habitantes do atol teñen unha economía de subsistencia a través do cultivo do coco e o taro (raíz), así como da pesca. Ata a prohibición en 2005, a principal fonte de ingresos era dos cogombros de mar e das cunchas de trochus, que eran enviados a Hong Kong. Os habitantes tamén están involucrados na produción de copra. Tamén conta cun prolífico número de aves mariñas.

Antropoloxía e a lingüística editar

Os habitantes de Ontong Java manteñen un carácter polinesio a pesar da súa localización no arquipélago Melanesio das Illas Salomón. En tempos pasados os homes e as mulleres usaban elaborados tatuaxes en todo o corpo. Os dialectos que se falan nesta illa son Luangiua e Pelau e pertencen á poboación da Polinesia.

A primeira investigación seria sobre os habitantes de Ontong Java levarona a cabo os etnógrafos alemáns Ernst Sarfert e Hans Damm, durante unha expedición de científicos alemáns aos Mares do Sur que tivo lugar en 1908-1910. Esta expedición visitou ambos, Ontong Java e o veciño atol Nukumanu, onde tamén levaron a cabo a súa investigación. O seu traballo, "Luangiua und Nukumanu" foi publicado en 1931. Sarfert e Damm afirmaron que os nomes dos dous atois, Lord Howe e Ontong Java, eran incorrectos e chamaron a este atol Luangiua nas súas obras.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar