Atmospheric Reentry Demonstrator
Atmospheric Reentry Demonstrator, coñecido abreviadamente como ARD foi un demostrador tecnolóxico da ESA deseñado para estudar a reentrada atmosférica. ARD foi lanzado nunha traxectoria suborbital por un Ariane 5 o 21 de outubro de 1998 ás 16:37 GMT desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.
A nave tiña a mesma forma da cápsula de reentrada das naves do Proxecto Apollo pero cun tamaño un 20% inferior. A bordo levaba un equipo de comunicacións para establecer conexión cos satélites do sistema TDRS, un receptor GPS, o sistema de control de actitude alimentado por hidracina, o escudo térmico de 2,8 m de diámetro, tres paracaídas de 23 m de diámetro e unha baliza do sistema SARSAT para a recuperación da cápsula.
ARD foi levado ata o espazo por un Ariane 5, do que se separaou a 216 km de altura para alcanzar despois un apoxeo de 830 km e volver a caer a terra, amarando a 4,9 km do punto calculado no océano Pacífico tras 1 hora e 41 minutos de voo. O escudo térmico funcionou sen problemas, aguantando temperaturas de ata 900 °C e sendo recuperado en boas condicións.
ARD foi utilizado para probar tecnoloxías que puideran ser usadas nun posible vehículo de retorno de emerxencia da Estación Espacial Internacional.