O Atlas Coelestis é un catálogo estelar publicado postumamente en 1729, baseado en observacións feitas polo primeiro astrónomo real, John Flamsteed.[1]

Atlas Coelestis
Páxina de título (copia de propiedade do Derby Museum and Art Gallery).
Autor/aJohn Flamsteed
Ilustrador/aJames Thornhill
OrixeInglaterra Inglaterra
Lingualingua inglesa
Xénero(s)star atlas
Data de pub.1729
editar datos en Wikidata ]

O Atlas - o máis grande que xamais se publicara -[2] contén 26 mapas das principais constelacións visibles dende Greenwich, con debuxos feitos no estilo rococó por James Thornhill. Tamén se presentan dous planisferios deseñados por Abraham Sharp.[1]

Historia editar

 
Atlas Coelestis por John Flamsteed (2ª ed., 1753).

Primeiro atlas estelar baseado en observacións telescópicas, o «Atlas Coelestis» só se publicou dez anos despois da morte de Flamsteed, pola súa viúva, coa asistencia de Joseph Crosthwait e Abraham Sharp. Foi precedido pola obra «Stellarum inerrantium Catalogus Britannicus» (ou simplemente Catálogo británico, publicado en 1725, con 2919 estrelas).[3]

Unha das principais motivacións de Flamsteed para producir o Atlas, foi para corrixir a representación das figuras das constelacións, como feitas por Bayer na súa Uranometría (1603). Bayer representaba as figuras vistas de detrás (non de fronte, como era feito dende a época de Tolomeo), invertendo as posicións das estrelas e creando unha confusión innecesaria.[2]

A publicación tivo un éxito inmediato, converténdose no estándar de referencia para os astrónomos profesionais por case un século. Aínda así, foron levantadas tres obxeccións con respecto a el: o alto prezo, gran tamaño (facéndoo difícil de manexar) e a baixa calidade artística (moitas críticas facíanse aos debuxos de James Thornhill, especialmente en canto á representación de Acuario).[3]

Isto levou ao dr. John Bevis a intentar mellorar o Atlas. En 1745, produciu a «Uranographia Britannica», con dimensións máis pequenas, observacións actualizadas e imaxes máis artísticas. Non obstante, este atlas nunca foi publicado oficialmente e na actualidade, só hai 16 copias coñecidas.[4]

O «Atlas Fortin-Flamsteed» editar

Finalmente, os cambios nas posicións das estrelas (as observacións orixinais foron feitas na década de 1690), conduciron a unha actualización realizada na década de 1770 polo enxeñeiro francés Nicolas Fortin, supervisado polos astrónomos Le Monnier e Messier, da Real Academia de Ciencias en París.[3]

A nova versión, chamada «Atlas Fortin-Flamsteed», tiña 1/3 do tamaño do orixinal, pero mantivo a mesma estrutura de táboas. Tamén se deron retoques artísticos a algunhas ilustracións (na súa maioría, Andrómeda, Virgo e Acuario).[3]

Os nomes das constelacións están en francés (non en latín) e incluían algunhas nebulosas descubertas despois da morte de Flamsteed.[3]

En 1795 publicouse unha versión actualizada, producida por Méchain e Lalande, con novas constelacións e moito máis nebulosas.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Davide Neri. "John Flamsteed, Atlas coelestis". Consultado o 08-05-2011. 
  2. 2,0 2,1 Linda Hall Library (ed.). "Flamsteed, John. Atlas coelestis. London, 1729.". Arquivado dende o orixinal o 27-09-2011. Consultado o 12-05-2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Giangi Caglieris (2002). "On-line Flamsteed - Fortin Atlas Celeste - 1776". Consultado o 08-05-2011. 
  4. Michael Oates (17-02-2007). "Atlas Celeste". Arquivado dende o orixinal o 02-04-2012. Consultado o 08-05-2011. 

Ligazóns externas editar