Athanasius Schneider
Athanasius Schneider, nado en Tokmok (RSS de Kirguizistán) o 7 de abril de 1961 é un bispo católico alemán de Kirguizistán, bispo auxiliar da arquidiocese de María Santísima en Astana dende 2011.
Athanasius Schneider | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 7 de abril de 1961 en Tokmok, RSS de Kirguizistán |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 25 de marzo de 1990, por Manuel Pestana Filho |
Consagración episcopal | 2 de xuño de 2006, por Angelo Sodano |
Orde relixiosa | Orde dos Coéngos Regulares da Santa Cruz de Coímbra |
Bispo auxiliar de María Santísima en Astana | |
2011 - actualidade | |
Outros | |
![]() Escudo de Athanasius Schneider | |
Kyrie eleison | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Athanasius Schneider naceu en Tokmok (entón na RSS de Kirguizistán) o 7 de abril de 1961,[1] nunha familia de alemáns do mar Negro. En 1982 profesou como membro da Orde dos Coéngos Regulares da Santa Cruz de Coímbra, e o 25 de marzo de 1990 foi ordenado sacerdote.[1]
O 8 de abril de 2006[1] foi nomeado bispo auxiliar de Qarağandı, en Casaquistán, e bispo titular de Celerina. Recibiu a ordenación episcopal o 2 de xuño,[1] de mans do cardeal Angelo Sodano, e sendo os seus co-consagradores principais os arcebispos Jan Paweł Lenga e Józef Wesołowski.
O 5 de febreiro de 2011 foi trasladado como bispo auxiliar á arquidiocese de Astana.
ObraEditar
- Dominus est. Riflessioni di un vescovo dell'Asia centrale sulla sacra comunione. Traducións ao francés (2008); inglés, castelán, estoniano e alemán (2009), lituano, portugués, chinés, polaco e húngaro. Roma: Libreria Editrice Vaticana. 2008.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Athanasius Schneider |