Atelopus limosus

Femia (terras altas)
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Familia: Bufonidae
Xénero: Atelopus
Especie: A. limosus
Nome binomial
'Atelopus limosus'
Ibáñez, Jaramillo & Solís, 1995

Atelopus limosus[1][2] é unha especie de sapo da familia Bufonidae endémica de Panamá, onde lle dan o nome de sapo Limosa.[1][3] Os seus hábitats naturais son as beiras de regatos en bosques de terras baixas húmidas e ríos da cunca do Chagres, na rexión central de Panamá. É un dos sapos máis pequenos do mundo; os machos miden de 26 a 30 mm e as femias de 36 a 40 mm.

Amplexo de A. limosus.

Descrición editar

A. limosus ten dúas formas de coloración. Unha forma de cor das terras baixas, que é marrón cun fociño e puntas dos dedos amarelos, e outra forma de cor das terras altas, que é verde con marcas negras con forma de V invertido no dorso. Machos e femias de ambas as formas de cor son dimórficas sexualmente. Os machos son máis pequenos con ventre branco salpicado de manchas negras, mentres que as femias tenden a ter unha barriga vermella ou alaranxada.

Sábese pouco da súa dieta na natureza, pero crese que e similar á doutras especies de Atelopus que se aimentan de escaravellos, formigas, moscas e ácaros.[4] En catividade, as ras aceptan rapidamente grandes moscas da froita, pequenas larvas de vermes e pequenos grilos.

Conservación editar

 
Femia das terras baixas sobre un tronco, que busca compañeiro.

A. limosus está ameazado pola quitridiomicose (infección fúnxica) e a perda de hábitat. A especie declinou rapidamente na súa área de distribución. Aproximadamente o 75% de todas as especies coñecidas de terras altas de máis de 1000 m de altura xa desapareceron, mentres que o 58% das especies de terras baixas están declinando e o 38% desapareceron.[5] Debido á preocupación polos efectos da quitridiomicose sobre este anfibio panameño endémico, o Proxecto de Rescate e Conservación de Anfibios Panameño considerou a A. limosus como unha especie prioritaria para manter individuos en catividade como colonia segura no Parque Municipal do Cumio da cidade de Panamá. Cando o equipo de rescate chegou a un dos últimos sitios nas terras altas onde se sabía que vivía a especie en Cerro Brewster atopou que a maioría dos individuos estaban xa afectados pola quitridiomicose.[6] O programa de cría en catividade foi exitoso.[2] Aínda que a rexión de terras altas parece que foi duramente afectada pola quitridiomicose, o destino das poboacións das teras baixas é máis indeterminado, xa que este fungo parasito parece ter efectos máis acusados nos lugares de terras altas.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Ibáñez, R., C. A. Jaramillo, and F. A. Solís (1995). "Una especie nueva de Atelopus (Amphibia: Bufonidae) de Panama" (PDF). Caribbean Journal of Science 31 (1-2): 57–64. 
  2. 2,0 2,1 Lindsay Renick Mayer (22 March 2013). "Rescue Project Successfully Breeds Endangered Frog Species". Panama Amphibian Rescue and Conservation Project. Consultado o 14 de setembro de 2014. 
  3. Frost, Darrel R. (2014). "Atelopus limosus Ibáñez, Jaramillo, and Solís, 1995". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0. American Museum of Natural History. Consultado o 14 de setembro de 2014. 
  4. P Durant, JW Dole (1974) Food of Atelopus oxyrhynchus (Anura: Atelopodidae) in a Venezuelan cloud forest Herpetologica 30:183-187
  5. La Marca, E.; Lips, K. R.; Lotters, S.; Puschendorf, R.; Ibanez, R.; Rueda-Almonacid, J. V.; Schulte, R.; Marty, C.; Castro, F.; Manzanilla-Puppo, J.; Garcia-Perez, J. E.; Bolanos, F.; Chaves, G.; Pounds, J. A.; Toral, E.; Young, B. E. (2005). "Catastrophic population declines and extinctions in Neotropical harlequin frogs (Bufonidae: Atelopus)". Biotropica 37 (2): 190–201. doi 10.1111/j.1744-7429.2005.00026.x.
  6. "Panama amphibian rescue challenged by rapid spread of chytrid fungus". Panama Amphibian Rescue and Conservation Project. 12 January 2010. Consultado o 14 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar