Asun Fernández de Garaialde

política vasca

Asun Fernández de Garaialde y Lazkano Sala, nada en Altsasu, Navarra, 1969, é unha médica e política vasca de ideoloxía independentista, parlamentaria navarra por Aralar dende o ano 2007.

Modelo:BiografíaAsun Fernández de Garaialde
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Altsasu, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Navarra
17 de xuño de 2015 – 18 de xuño de 2019
Deputada do Parlamento de Navarra
15 de xuño de 2011 – 16 de xuño de 2015
Deputada do Parlamento de Navarra
13 de xuño de 2007 – 14 de maio de 2011
Deputada do Parlamento de Navarra
2007 – 2019 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAralar
Euskal Herria Bildu
Q25473691 Traducir
Nafarroa Bai
Agora Repúblicas Editar o valor en Wikidata

Traxectoria política

editar

Membro de Aralar dende o ano 2002.[1] Tralas eleccións municipais do ano 2003, converteuse en alcaldesa de Altsasu por esa mesma formación, permanecendo no cargo até 2007.[1]

Nas eleccións ó Parlamento de Navarra de 2007 foi elixida parlamentaria navarra pola coalición Nafarroa Bai e como compoñente de Aralar nas súas listas.[1]

Nas eleccións municipais e forais de 2011 foi reelixida como parlamentaria navarra e elixida concelleira de Altsasu de novo pola coalición Nafarroa Bai e como compoñente de Aralar nas súas listas.[1]

Tralo V Congreso de Aralar, o 17 de decembro de 2011 tivo lugar a Conferencia Política de Aralar en Navarra, onde foi elixida coordinadora de Aralar en Navarra polo 92,85% dos asistentes, tomando así a substitución ó anterior coordinador Txentxo Jiménez.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Aralar. "Fernandez de Garaialde y Lazkano, Asun". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2011.