Astilo de Crotone
Astilo de Crotone (en grego antigo: Ἄστυλος ou Ἀστύαλος), nado en Crotone no século VI a.C. e finado en Siracusa despois do 480 a.C., foi un atleta da Grecia antiga.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI a. C. Crotone, Italia |
Morte | século V a. C. Crotone, Italia |
Actividade | |
Ocupación | atleta, corredor |
Deporte | atletismo |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Description of Greece (en) , (sec:6.13.1) |
Traxectoria
editarAstilo triunfou en tres edicións consecutivas dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, do ano 488 ao 480 a.C. En 488 a.C. competiu pola súa cidade natal, Crotone, e gañou na proba do agón do estadio e no diaulo, sendo o último atleta de Crotone en gañar os Xogos Olímpicos.
A continuación, nos Xogos do 484 a.C. e do 480 a.C., participou como cidadán de Siracusa, obtendo cinco vitorias olímpicas: dúas no estadio, dúas no diaulo e unha no hoplitódromo ou carreira con armas.
Segundo Pausania, Astilo competiu como cidadán siracusano para agradar ao tirano Hierón I.[1] Non obstante, cómpre ter en conta que no 484 a. C., así como no 480 a. C., o tirano de Siracusa era Gelón I (e seríao ininterrompidamente ata o 478 a.C.), mentres o seu irmán Hierón I aínda era tirano de Gela, por iso parece imposible que Astilo competise por Hierón como líder da polis siciliota. A fonte principal neste caso pódese considerar incorrecta ou polo menos ambigua.[2]
Os crotonianos non aceptaron este cambio de cidade, ata o punto de destruíren a estatua de Astilo que se erguera no templo de Hera Lacinia, alegando que fora corrompido pola cidade siciliana para competir baixo o seu nome.
Notas
editar- ↑ Pausanias. "VI, 13, 1" (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2021.
- ↑ Punzo 2004, p. 145.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Punzo, Gianluca (2004). "Il caso di Sibari e Crotone". Le città della Magna Grecia e i loro Campioni (en italiano). Edizioni del Convento.
Ligazóns externas
editar- "Astilo de Crotone". ime.gr (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2021.