Astacoideos

(Redirección desde «Astacoidea»)

A dos astacoideos (Astacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille na súa obra en tres volumes Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes. Ouvrage faisant suite à l'histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon, et rédigée par C. S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes.[1]

Características editar

As principais características dos astacoideos son:[2]

  • Son crustáceos de auga doce que, xunto cos seus moi próximos parentes, os membros da superfamilia dos parastacoideos, conforman o grupo dos chamados cangrexos de río que, a pesar do seu nome, se asemellan máis ben a pequenos lumbigantes, cos que ambos os grupos están relacionados.
  • Respiran a través de branquias plumosas, e viven en masas de auga que non se conxelan até o fondo; algunhas especies encóntranse en pequenos ríos, arroios e regatos, mentres que outras prosperan en encoros, canles de rega e arrozais.
  • Aliméntanse de plantas e animais vivos e mortos.
  • A maioría destes cangrexos non poden tolerar as augas contaminadas, aínda que algunhas especies, como a invasora Procambarus clarkii, son máis resistentes.

Clasificación editar

 
Astacus astacus (astácidos).
 
Procambarus clarkii (cambáridos).

Clasificación segundo o ITIS editar

O ITIS admite só dúas familias dentro da superfamilia:[3]

Astacoidea Latreille, 1802

Clasificación segundo o WoRMS editar

Porén, o WoRMS, inclúe unha máis:[4]

Astacoidea Latreille, 1802

Esta última, a dos parastácidos, constitúe para algúns autores e bases de datos (como o ITIS), unha superfamilia á parte, a dos Parastacoidea Huxley, 1879.[5]

Ademais, o WoRMS iclúe tamén a familia fósil dos Cricoidoscelosidae Taylor, Schram & Shen, 1999 †

Notas editar

  1. Astacidea no WoRMS.
  2. Christoph Needon; Johannes Petermann; Peter Scheffel; Bernd Scheibe (1971). Plants and Animals (Pflanzen und Tiere). Leipzig: Urania Verlag. 
  3. Astacoidea Latreille, 1802 no ITIS.
  4. Astacoidea Latreille, 1802 no WoRMS.
  5. Parastacoidea Huxley, 1879 no ITIS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar