Asociación de Agricultores de Santa María de Sada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
A Asociación de Agricultores de Santa María de Sada é a primeira agrupación agrarista sadense da que se ten coñecemento. Fundada o 12 de setembro do 1908 na casa de Juan Agra, no Tarabelo, estaba ligada ao movemento solidario que, a través de Solidaridad Gallega, impulsaran Manuel Lugrís Freire, Eugenio Carré Aldao ou Juan Vázquez de Mella.
Asociación de Agricultores de Santa María de Sada | |
---|---|
Tipo | sindicato |
Data de fundación | 12 de setembro de 1908 |
Sede | Sada |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Directiva
editarA primeira directiva, elixida o día da súa fundación, estaba composta por Gonzalo Pita da Veiga (Presidente Honorario), Fernando Gómez Pereiro (Vicepresidente), Manuel Arévalo Illobre (Secretario), Antonio Sanjurjo Pérez (Vicesecretario), Domingo Guitián Rodríguez, Manuel Lesta Horro, Manuel Mantiñán Caño, Ramón Suárez Mariñas, Antonio Vázquez Rodríguez, Antonio Rodríguez Salleres, Santiago Rey Incógnito, Ignacio Suárez Franco, José Antonio Suárez Salinas, Benito Montero Sánchez, José Chas Varela, Manuel Galán Martínez e Juan Agra (vocais). Ademais, exercían de "representantes en la Región" Víctor Naveira Pato, Juan Golpe Varela, Julio Romay Rodríguez e Manuel Lugrís Freire.
Actividade
editarHai constancia da celebración dun mitin "solidario" nese mesmo ano, no que interviu, entre outros, o sadense Manuel Lugrís Freire.