Asociación Coro Gospel Vida
A Asociación Coro Gospel Vida, tamén coñecida simplemente como Coro Gospel Vida, é unha asociación cultural adicada á formación musical e cultural arredor da música gospel e á difusión da idiosincrasia propia deste xénero musical e cultural. O seu eido de actuación é toda a comunidade galega e a súa sede atópase na cidade de Vigo.
Asociación Coro Gospel Vida | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Historia
editarA Asociación creouse oficialmente no ano 2016, mais o seu percorrido cultural pódese rastrexar algún tempo antes da súa aparición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, onde se pode atopar baixo o nome de "Asociación Coro Góspel Vida" entre as asociacións do eido central.[1] A primeira referencia que se atopa na prensa local sobre esta asociación é no ano 2014 no diario La Voz de Galicia así como no Diario de Arousa.[2][3]
No ano 2016 produciuse a federación da asociación na Federación de Coros Gospel de España, tamén coñecida polo seu acrónimo Fedegospel.
Actividade
editarO Coro Gospel Vida, ademais de ser unha asociación cultural ten unha clara vertente solidaria, pois a recadación de todas as súas actividades, principalmente concertos, é doada a alguna causa social da localidade.
No ano 2014 as localidades nas que realizaron actividades solidarias foron Cangas do Morrazo, Ribeira e Bueu.[4][5]
No ano 2015 visitaron coas súas actividades solidarias as localidades de Ferrol, Ribeira, Cangas do Morrazo, Bueu, Pontevedra e Vigo.[6][7][8][9][10]
No ano 2016 visitaron novamente Bueu e por primeira vez Santiago de Compostela, onde colaboraron na gravación do programa 1500 de "Nacer de Novo" para a Televisión de Galicia.[11] Además, neste ano realizaron en Vigo un taller de dous días sobre a música gospel co director e compositor sueco Joakim Arenius.
No ano 2017 realizaron en Bueu as II Xornadas Gospel Vida contando coa participación de Nancy Roncesvalles, directora do Coro Gospel de Madrid.[12] Ademais, realizaron concertos en Moaña,[13] Cangas do Morrazo,[14] Ribeira[15] e Ponteareas.[16]
No ano 2018 organizaron concertos en Vigo e Cee.[17][18][19]
Premios e recoñecementos
editarO Coro Gospel Vida foi galardoado polo seu labor solidario no concello de Ribeira coa medalla do concello no ano 2015.
Notas
editar- ↑ "Publicación electrónica de rexistros administrativos - Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Un poblado navideño se suma en Ribeira al poder de atracción de la pista de patinaje sobre hielo". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-12-10. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "La programación municipal navideña tendrá un componente muy solidario". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Concierto de Gospel Vida en el Centro Social do Mar de Bueu". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "SOS Sanidade Pública Bueu recoge cerca 2.000 kilos de comida y agradece la ayuda". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016.
- ↑ "Quien canta reza dos veces y sí lleva un kilo de arroz, tres". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Concierto Solidario de Gospel Vida para Mateo y el Banco de Alimentos". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016.
- ↑ "Góspel Vida ofrece un concierto en beneficio de las familias necesitadas de Valladares". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Nacer de Novo celebra con música y emoción sus 1.500 programas". Protestante Digital (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ http://concellodebueu.org/actividade.php?filId=1958&idioma=es&filDpto=0&filTipo=0&filEstado=0&filNome=0&filSel1=0&filSel2=1&filMenu=SUBMENU4&filIni=20[Ligazón morta]
- ↑ "Concierto benéfico en Moaña para el comedor social de Cangas". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Concierto del Coro Gospel Vida por los niños con cáncer". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Gospel, ferias de comercio y artesanía, magia o cine, entre las actividades del programa cultural de Ribeira para este verano". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "El Coro Gospel Vida canta para Bicos de Papel". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-06. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Á esCEEna! tira del Verán Cultural ceense". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-04. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "A ritmo de gospel en la Praza da Pedra". Atlántico (en castelán). 2018-07-08. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Cee abre hoy las fiestas de A Xunqueira con el pregón de Alberto R. Costa". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-08-13. Consultado o 2020-01-12.