Asia (filme)
Asia (en hebreo: אסיה) é un filme israelí de 2020 dirixido por Ruthy Pribar e protagonizado por Alena Yiv e Shira Haas. O filme estreouse en liña no Festival de Cinema de Tribeca (por mor da pandemia de COVID-19), onde gañou o premio á mellor actriz (Shira Haas), á mellor fotografía (Daniella Nowitz) así como o premio Nora Ephron (Ruthy Pribar). Despois de gañar o premio ó mellor filme na 30ª edición dos Premios da Academia Israelí (Premios Ophir), foi automaticamente escollido como candidato de Israel para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1] O filme gañou oito premios máis da Academia Israelí (Premios Ophir) dun total de doce nomeamentos. Menemsha Films conseguiu os dereitos de distribución en América do Norte en xuño de 2020, e anunciou a súa estrea en Film Forum de Nova York en 2020.[2]
Asia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | אסיה |
Director | Ruthy Pribar |
Produtor |
|
Guión | Ruthy Pribar |
Intérpretes | |
Fotografía | Daniella Nowitz |
Montaxe | Neta Dvorkis |
Distribuidora | Menemsha Films |
Estrea | Tribeca: 17 de abril de 2020 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
https://www.gumfilms.com/he/projects/asia | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarAsia é unha muller de trinta e cinco anos que vive en Xerusalén coa súa filla Vika e traballa como enfermeira nun hospital.[3][4][5]
Personaxes
editar- Alena Yiv como Asia
- Shira Haas como Vika
- Tamir Mula como Gabi
- Gera Sandler como Stas
- Eden Halili como Natalie
- Or Barak como Roy
- Nadia Tichonova como Valentina
- Mirna Fridman como Rose
- Tatiana Machlinovski como Lena
- Evgeny Tarlatzky como Boris
Notas
editar- ↑ Brown, Hannah (13 de novembro de 2020). "Asia wins the Ophir Award and will represent Israel at the Oscars". Jerusalem Post. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ Wiseman, Andreas (24 de xuño de 2020). "Tribeca Drama ‘Asia’, With ‘Unorthodox’ Star Shira Haas, Scores North America Deal — Cannes". Deadline Hollywood (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2020.
- ↑ Kohn, Eric (24 de abril de 2020). "'Asia' Review: 'Unorthodox' Star Shira Haas Is Devastating in Emotional Mother-Daughter Drama". IndieWire (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ Harvey, Mary-Catherine (18 de abril de 2020). "Tribeca Film Festival 2020: Asia | Review". The Upcoming. Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ Rooney, David (20 de abril de 2020). "'Asia': Film Review". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Israel propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar