Asemblea Xeral de Rhode Island

Parlamento de Rhode Island (Estados Unidos)

A Asemblea Xeral de Rhode Island (en inglés, Rhode Island General Assembly) é o parlamento de Rhode Island, nos Estados Unidos. Conta cun total de 113 lexisladores elixidos por sufraxio universal e que integran o Senado ou a Cámara de Representantes. A sede está en Providence, no edificio do Capitolio estatal, que debido a que está no barrio de Smith Hill polo tamén se emprega este topónimo para denominar á Asemblea Xeral.[1]

Asemblea Xeral de Rhode Island
Tipoparlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.rilin.state.ri.us/
editar datos en Wikidata ]
Hemiciclo da Cámara de Representantes de Rhode Island (Providence), sede da Asemblea Xeral do estado

Composición editar

A sección 2ª do artigo 6º da constitución estatal vixente, aprobada en 1986, confírelle o poder lexislativo á Asemblea Xeral, determinando, ademais, que está composta por dúas cámaras:[2]

Competencias editar

 
Senado de Rhode Island

A principal función da Asemblea Xeral é a de redactar as leis do estado. Ambas as dúas cámaras son colexisladoras polo que un membro de calquera delas pode iniciar o proceso facendo unha proposta de lei que rexistra na súa cámara. Posteriormente, preséntase ante a cámara, logo da súa lectura o presidente derívaa a unha comisión parlamentaria concreta segundo a cuestión que aborde. Na comisión faise un estudo da proposta e convídase a lexisladores e axentes públicos para valorala. O comité ou comisión pode aprobar o proxecto tal e como se presentou, emendalo, fusionalo con outras propostas, continuar o estudo, remitila a outra comisión ou rexeitalo. Superada esta fase, a proposta de lei é obxecto de debate no pleno da cámara para logo ser votada. Aprobada pola cámara orixinal, envíase á outra, onde o proxecto seguirá as mesmas fases, podendo ser modificada. Se a segunda cámara vota modificacións deberá ser tamén votada na cámara orixinal. Se esta rexeita os cambios, constitúese un comité conxunto con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado.[3] O gobernador pode vetar as leis aprobadas pola Asemblea Xeral intentando frear a súa entrada en vigor, mais a Asemblea Xeral pode revogalo se deste xeito votan tres quintos dos membros de ambas as dúas cámaras.[4]

Doutra parte, correspóndelle ao Senado de Rhode Island ser consultado polo gobernador para ratificar o nomeamento de determinados cargos de responsabilidade política e administrativa.[5]

Notas editar

  1. "Smith Hill: This Week At The General Assembly". Providence, RI Patch (en inglés). 2017-06-12. Consultado o 2022-09-05. 
  2. "ARTICLE VI - OF THE LEGISLATIVE POWER". Justia Law (en inglés). Consultado o 2022-09-05. 
  3. "ADVOCACY 101: How a Bill Becomes a Law". ACLU of Rhode Island (en inglés). 2021-05-05. Consultado o 2022-09-05. 
  4. "State of Rhode Island General Assembly". www.rilegislature.gov. Consultado o 2022-09-05. 
  5. "ARTICLE IX - OF THE EXECUTIVE POWER". Justia Law (en inglés). Consultado o 2022-09-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar