As andanzas do Gato con Botas

serie de televisión animada de 2015

As andanzas do Gato con Botas[1] (en inglés: The Adventures of Puss in Boots) é unha serie estadounidense de animación protagonizada polo Gato con Botas da franquía Shrek de DreamWorks Animation. É un spin-off do filme de 2011 Puss in Boots coa voz de Eric Bauza. A serie estreouse orixinalmente en Netflix o 16 de xaneiro de 2015; a sexta e derradeira tempada estreouse o 26 de xaneiro de 2018. Tamén se estreou en Boomerang UK o 3 de setembro de 2018.[2][3]

As andanzas do Gato con Botas

Editar o valor em Wikidata
Formato
  • Comedia
  • Acción
  • Aventuras
  • Animación
Desenvolvido porDreamWorks Animation Television
Intérpretes
Tema de aperturaShawn Patterson
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas6
Episodios78
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Doug Langdale
Duración22 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio16 de xaneiro de 2015
Derradeiro episodio26 de xaneiro de 2018
Na rede
http://www.netflix.com/WiMovie/80018988
IMDB: tt3807034 Allocine: 18687 Rottentomatoes: tv/puss-in-boots TV.com: shows/the-adventures-of-puss-in-boots Netlix: 80018988Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emitiuse en galego a través da TVG.[4][5]

Sinopse editar

A serie está ambientada antes dos acontecementos do filme de 2011 Puss in Boots (2011)[6] e conta como o Gato con Botas loita contra unha lexión interminable de invasores para protexer a vila de San Lorenzo. Despois das súas accións o feitizo que protexía o seu lendario tesouro do mundo exterior rompe, polo que debe atopar a forma de restaurar o feitizo de protección unha vez máis.

Notas editar

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "As andanzas do Gato con Botas". Consultado o 3 de xullo de 2023. 
  2. "Boomerang UK The Adventures Of Puss In Boots New Show Promo" – vía www.youtube.com. 
  3. "Boomerang UK And Cartoonito UK September 2018 Highlights". RegularCapital: Cartoon Network International News. Turner Broadcasting System Europe (Press Release). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  4. crtvg.es (ed.). "As andanzas do Gato con Botas na TVG". Consultado o 3 de xullo de 2023. 
  5. crtvg.es (ed.). "As andanzas do Gato con Botas en Xabarín TV". Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  6. "Interview: Netflix's 'Puss In Boots' Series Creator On Secrets, Surprises & Why You Have To Watch | Tech Times".