Arturo Vázquez Vázquez

mineiro, sindicalista e militar galego

Arturo Vázquez Vázquez, nado en Palas de Rei o 2 de marzo de 1901 e finado en Xixón o 15 de febreiro de 1938, foi un mineiro, sindicalista e militar galego.

Infotaula de personaArturo Vázquez Vázquez
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Palas de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro , sindicalista , militar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Morreulle o pai cando tiña 12 anos e dous anos despois a súa nai. Marchou ás concas mineiras asturianas en busca de traballo e instalouse en Mieres. Dirixente da UGT de Mieres, foi presidente do Comité rexional do Sindicato Mineiro da UGT. Participou na Revolución de Asturias de 1934, sendo considerado como lugartenente de Ramón González Peña. Estivo reclamado por alixo de armas e polo asalto ao Banco de España. Fuxiu a Francia e Bélxica, onde permaneceu ata a amnistía da Frente Popular.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou o Batallón Asturias nº 216 do que foi nomeado comandante. Ascendido a tenente coronel, foi nomeado xefe da 2ª División,[2] e da División D. Coa caída de Asturias foi detido cando trataba de fuxir nun vapor. Xulgado en consello de guerra e Xixón o 15 de xaneiro de 1938, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Xixón o 15 de febreiro.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938.[4]

Notas editar

  1. BOP Oviedo, 16-2-1935, p. 4.
  2. "Brigadas y Divisiones de Infantería asturianas". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2022. Consultado o 09 de xullo de 2022. 
  3. "Gallegos fusilados en Gijón.". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2022. Consultado o 07 de xullo de 2022. 
  4. BOP Oviedo, 14-1-1938, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar