Abrir o menú principal

Arthur Adams, nado en 1820 en Gosport, Hampshire, e finado en 1878, foi un médico e naturalista inglés.

Arthur Adams
Nacemento1820
 Gosport
Falecemento1878
 Gosport
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónzoólogo, médico, biólogo, malacólogo, carcinologist e cirurxián
IrmánsHenry Adams
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Adams foi cirurxián na Royal Navy a bordo do H.M.S. Samarang, que levaou a cabo a exploración do arquipélago Malaio, os mares do Xapón, Corea e China, desde 1843 a 1846.[1] En 1850 publicou o libro Zoology of the voyage of H.M.S. Samarang, no que o zoólogo Adam White colaborou con el nas descricións dos crustáceos emcontrados na viaxe.

En 1857, durante a Segunda Guerra do Opio, serviu como cirurxián no H.M.S. Actaeon, estivo presente na toma de Cantón e foi condecorado.

En 1870 retirouse como cirurxián cando servía a bordo do buque insignia H.M.S. Royal Adelaide, en Plymouth.

Foi un prolífico malacólogo que describiu "centos de novas especies, a maioría delas non ilustradas e insuficientemente diagnosticadas".[2]

Traballou co seu irmán Henry Adams (1813–1877) e entre ámbolos dous escribiron The genera of recent mollusca: arranged according to their organization, en tres volumes publicados en 1858.[3]

Así mesmo escribiu Travels of a naturalist in Japan and Manchuria (1870), e un artigo dsobre as arañas interesantes vistas nas súas viaxes.[4]

Especies nomeadas na honra de Arthur AdamsEditar

NotasEditar

  1. "Adams (Arthur) [1820–1878]". The History of the Collections Contained in the Natural History Departments of the British Museum. Adamant Media. 2000. p. 23. ISBN 978-1-4021-8140-5. 
  2. S. Peter Dance (1966). Shell Collecting. An Illustrated History. Faber & Faber. ISBN 978-0-571-06762-6.  Citado en E. Alison Kay (1968). "Spurious Species Part III. Shells Erroneously Described From The Hawaiian Islands" (PDF). Hawaiian Shell News. New Series No. 99 16 (3): 1, 5. [Ligazón morta]
  3. Adams, Henry; Adams, Arthur (1858). The genera of recent mollusca: arranged according to their organization. Londres: J. Van Voorst. 
  4. Arthur Adams (1847). "Notes on the habits of certain exotic spiders". Annals and Magazine of Natural History 20: 289–297. doi:10.1080/037454809496053. .
  5. "Biographical Etymology of Marine Organism Names: Henry Adams". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 16 de abril de 2016. 

Véxase taménEditar