Arthrospira platensis

Arthrospira platensis

Unha soa colonia de Arthrospira platensis
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Cyanobacteria
Clase: Cyanophyceae
Orde: Oscillatoriales
Familia: Microcoleaceae
Xénero: Arthrospira
Especie: Arthrospira platensis'
Gomont

Arthrospira platensis é unha especie de cianobacteria filamentosa gramnegativa. Esta bacteria é un fotoautótrofo non fixador de nitróxeno.[1] Foi illada no lago Chenghai da China, nos lagos de sosa de África oriental, e lagos alcalinos subtropicais.[2][3][4] Utilízase (xunto con outras especies do seu xénero) para producir o alimento espirulina.

Morfoloxía editar

Arthrospira platensis é unha bacteria filamentosa e móbil. A súa motilidade describiuse como un deslizamento vigoroso sen flaxelo visible.[1]

Metabolismo editar

Como fotoautótrofo a súa fonte de carbono principal é o dióxido de carbono, mentes que a auga é a súa fonte de electróns para realizar a redución do CO2.

Xenética editar

Ten un só cromosoma circular que contén 6,8 Mb e 6.631 xenes.[1] O contido G+C determinouse que era do 44,3%.[1]

Condicións de crecemento editar

A. platensis atópase en ambientes cunha alta concentración de carbonato e bicarbonato. Tamén pode encontrarse en concentracións salinas altas debido á súa tolerancia a álcalis e sales. O óptimo de temperatura para este organismo é de arredor de 35 °C.[2] Baseándose nas condicións ambientais, o medio de cultivo adoita ter un pH entre 9-10, sales inorgánicos e altas concentracións de bicarbonato.[2]

Usos editar

A. platensis usouse no pasado e no presente como alimento ou suplemento alimentario, que é máis coñecido por espirulina (ou spirulina), porque antes a especie estaba clasificada no xénero Spirulina. A espirulina véndese como suplemento saudable en forma de pos ou tabletas debido aos seus altos niveis de ácidos graxos esenciais e insaturados, vitaminas, minerais dietéticos e antioxidantes.[5] Despois do desastre de Chernobil, déuselle espirulina ás vítimas debido ás súas propiedades antioxidantes para evitar os efectos adversos das especies reactivas do oxíxeno.[6] As proteínas extraídas de A. platensis poden utilizarse en alimentos como axentes espesantes[7] ou estabilizantes de emulsións[8] ou escumas.[9] O complexo captador de luz de A. platensis ficocianina, pode extraerse como un pigmento pulverulento azul e usarse como colorante alimentario azul.[10] Como as células de A. platensis conteñen hidroxenases e poden producir hidróxeno, son candidatas para a produción de fontes de enerxía renovable.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fujisawa T, Narikawa R, Okamoto S, Ehira S, Yoshimura H, Suzuki I, et al. (abril de 2010). "Genomic structure of an economically important cyanobacterium, Arthrospira (Spirulina) platensis NIES-39". DNA Research 17 (2): 85–103. PMC 2853384. PMID 20203057. doi:10.1093/dnares/dsq004. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Masojídek J, Torzillo G (2008). "Mass Cultivation of Freshwater Microalgae". Encyclopedia of Ecology. Elsevier. pp. 2226–2235. ISBN 9780080454054. doi:10.1016/b978-008045405-4.00830-2. 
  3. Xu T, Qin S, Hu Y, Song Z, Ying J, Li P, et al. (agosto de 2016). "Whole genomic DNA sequencing and comparative genomic analysis of Arthrospira platensis: high genome plasticity and genetic diversity". DNA Research 23 (4): 325–38. PMC 4991836. PMID 27330141. doi:10.1093/dnares/dsw023. 
  4. Kebede E, Ahlgren G (October 1996). "Optimum growth conditions and light utilization efficiency of Spirulina platensis (= Arthrospira fusiformis) (Cyanophyta) from Lake Chitu, Ethiopia". Hydrobiologia 332 (2): 99–109. doi:10.1007/bf00016689. 
  5. Capelli, Bob; Cysewski, Gerald R. (abril de 2010). "Potential health benefits of spirulina microalgae*: A review of the existing literature". Nutrafoods 9 (2): 19–26. doi:10.1007/BF03223332. 
  6. Small, Ernest (decembro de 2011). "37. Spirulina – food for the universe". Biodiversity 12 (4): 255–265. doi:10.1080/14888386.2011.642735. 
  7. Grossmann, Lutz; Hinrichs, Jörg; Weiss, Jochen (24 September 2020). "Cultivation and downstream processing of microalgae and cyanobacteria to generate protein-based technofunctional food ingredients". Critical Reviews in Food Science and Nutrition 60 (17): 2961–2989. PMID 31595777. doi:10.1080/10408398.2019.1672137. 
  8. Böcker, Lukas; Bertsch, Pascal; Wenner, David; Teixeira, Stephanie; Bergfreund, Jotam; Eder, Severin; Fischer, Peter; Mathys, Alexander (February 2021). "Effect of Arthrospira platensis microalgae protein purification on emulsification mechanism and efficiency". Journal of Colloid and Interface Science 584: 344–353. Bibcode:2021JCIS..584..344B. PMID 33070074. doi:10.1016/j.jcis.2020.09.067. 
  9. Buchmann, Leandro; Bertsch, Pascal; Böcker, Lukas; Krähenmann, Ursina; Fischer, Peter; Mathys, Alexander (decembro de 2019). "Adsorption kinetics and foaming properties of soluble microalgae fractions at the air/water interface". Food Hydrocolloids 97: 105182. doi:10.1016/j.foodhyd.2019.105182. 
  10. Martelli, Giulia; Folli, Claudia; Visai, Livia; Daglia, Maria; Ferrari, Davide (xaneiro de 2014). "Thermal stability improvement of blue colorant C-Phycocyanin from Spirulina platensis for food industry applications". Process Biochemistry 49 (1): 154–159. doi:10.1016/j.procbio.2013.10.008. 
  11. Dutta, Debajyoti; De, Debojyoti; Chaudhuri, Surabhi; Bhattacharya, Sanjoy K (decembro de 2005). "Hydrogen production by Cyanobacteria". Microbial Cell Factories 4 (1): 36. PMC 1343573. PMID 16371161. doi:10.1186/1475-2859-4-36.