Arteria toracodorsal

A arteria toracodorsal é unha arteria do membro superior humano, pertencente á rexión da axila. É unha rama colateral da arteria subescapular. Tamén se denomina rama interna ou torácica da arteria subescapular. Carece de ramas.

Arteria toracodorsal
Arteria toracodorsal.
Gray's pág.588

Descende sobre o músculo serrato anterior, posterior á arteria torácica lateral; distribúese polos músculos intercostais, serrato anterior, dorsal ancho e a pel da parede torácica.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.