Arroz glutinoso
O arroz glutinoso (especie Oryza sativa var. glutinosa ou Oryza glutinosa) tamén denominado arroz pegañento, é un tipo de arroz de gran curto, oriúndo de Asia, que se torna particularmente pegañento despois da cocedura. Chámase glutinoso por ser pegañento e non conter glute. Por outra banda, cómpre non confundilo con outros tipos de arroz asiáticos que tamén se tornan pegañentos trala cocedura.
Cultivo
editarO arroz glutinoso cultívase en Tailandia, no Xapón, no Vietnam, na China e en Laos. Estímase que 85% da produción total de arroz de Laos é deste tipo. Existen rexistros mencionando este arroz datados de hai preto de 1100 anos, nesta rexión. Na China, de acordo con lendas ancestrais, este tipo de arroz cultívase hai máis de 2000 anos. Tests químicos revelaron quese usou como ingrediente chave da argamasa da Gran Muralla Chinesa. Úsase en innumerábeis receitas do leste e sueste asiático, como, por exemplo, en Macau, na receita dos chamados pudins de arroz glutinoso (tamén coñecidos coma lapas), que se envolven en follas de bananeira.[1]
Composición
editarO arroz glutinoso non contén glute, sendo por iso compatíbel con dietas exentas de glute (celiaquía). O que o distingue dos restantes tipos de arroz é a ausencia de amilosa (ou presenza de cantidades moi reducidas) e, tamén, a elevada concentración de amilopectina (os dous polisacáridos que constitúen o amidón). A amilopectina é responsábel da cualidade pegañenta do arroz glutinoso. Esta diferenza ten orixe nunha mutación que foi albo de selección artifical por parte dos agriculturores.[2]
Pódese usar sen casca ou con casca. O arroz glutinoso sen casca posúe unha cor branca, mentres que o integral posúe unha cor rosada ou negra.[3] Ambos os dous poden cocerse en gran ou triturarse e transforse en fariña, para seren cociñados coma unha pasta.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2009. Consultado o 03 de abril de 2014.
- ↑ Kenneth M. Olsen e Michael D. Purugganan (2002). "Molecular evidence on the origin and evolution of glutinous rice". Genetics 162: 941-950
- ↑ Kenneth F. Kiple, Kriemhild Coneè Ornelas. The Cambridge World History of Food, 143
Vexa a entrada do Galizionario acerca de arroz glutinoso |