Arracada
adorno para as orellas
Arracada é un sinónimo de pendente, é dicir, a xoia coa que se adorna a orella. É un nome habitualmente empregado para referirse á artesanía popular. Tamén é o nome que adoitan empregar os arqueólogos cando falan deste tipo de xoias na época antiga ou na idade de ferro. Son especialmente famosas as arracadas de ouro da cultura castrexa galaica, decoradas con espectaculares motivos de filigrana e granulado, como por exemplo as do tesouro de Bedoya.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Pérez Outeiriño, B. (1982). De ourivesaria castrexa: arracadas. I. Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial.
- Lorenzo Fernández, X. (1944). "La arracada posthallstática de Irixo". Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (XIV): 127–136.