Abrolhos, Brasil

grupo de illas do Atlántico
(Redirección desde «Arquipélago dos Abrolhos»)

O arquipélago dos Abrolhos, tamén coñecido como illas dos Abrolhos, é un arquipélago situado no océano Atlántico a uns 80 km da costa do estado de Baía, Brasil.[1]

Arquipélago dos Abrolhos
Illas dos Abrolhos
Arquipélago dos Abrolhos (en portugués)
Ilhas dos Abrolhos (en portugués)
Área militar da illa de Santa Bárbara
Situación
País Brasil
Baía
MarOcéano Atlántico
Coordenadas18°02′16″S 38°40′02″O / -18.03778, -38.66722Coordenadas: 18°02′16″S 38°40′02″O / -18.03778, -38.66722
Xeografía
Superficie50 km²
Distancia a terra80 km
Illa Redonda
Xibardo subindo á superficie en Abrolhos

Xeografía editar

O arquipélago está constituído por cinco pequenas illas, nas que está prohibido desembarcar, agás na illa Siriba, que está aberta á visita de forma totalmente programada.[1]

As illas están dispersas nunha área que foi declarada en 1983 Parque Nacional Mariño polo goberno brasileiro.[2] Este parque esta controlado polo ICMBio (Instituto Chico Mendes de Conservação da Biodiversidade), co apoio da Mariña Brasileira.

Illas do arquipélago editar

Características editar

O dos Abrolhos é un santuario ecolóxico, xa que alberga a maior biodiversidade mariña de todo o Atlántico Sur, pois as formacións coralinas acollen unha gran diversidade de fauna mariña e, en terra, hai numerosas aves nidificantes nas formacións rochosas, principalmente os mascatos; outros tipos de aves circundantes pola zona son especies de carráns, proceláridos, fragatas e outras da orde dos faetóntidos. Así mesmo, en canto a fauna mariña, conta con numrosas especies de peixes, moluscos, corais, esponxas e tartarugas mariñas.[1][3]

Entre os mamíferos mariños destaca a balea xibardo (Megaptera novaeangliae). Cada ano, polo menos mil individuos desta especie migran a Abrolhos procedentes da Antártida, para procrearen e aleitaren ás crías lonxe dos seus depredadores, sendo a zona máis importante área de reprodución desta especie no Atlántico suroccidental. Normalmente, as baleas permanecen en Abrolhos os últimos meses do ano. O arquipélago atrae numerosos turistas grazas a esta migración animal (e ás excelentes condicións para o mergullo dos submarinistas. Porén, non existe infraestrutura turística no arquipélago, debido á prohibición de desembarcaren nas illas por seren un Parque Natural protexido (a única excepción é a illa Santa Bárbara, onde vive unha pequena dotación militar da Mariña Brasileira). Deste xeito, os turistas que van mergullarse a Abrolhos deben permanecer todo o tempo a bordo dos barcos que os levaron ao arquipélago.[1][3]

En canto á flora, as illas son ricas en especies de plantas suculentas, gramíneas, arbustos e cactos.[4]

Historia editar

A primeira exploración científica que chegou a Abrolhos foi a do HMS Beagle en 1832 baixo o mando do comandante Robert FitzRoy e na que Charles Darwin ía como naturalista e xeólogo.

As illas dos Abrolhos, vista desde lonxe, son de cor verde brillante. A vexetación consta de plantas e herbas suculentas, intercaladas con algúns arbustos e cactos. Aínda que pequena, a miña colección de plantas de Abrolhos contén case todas as especies que florecen alí, creo. As aves da familia dos faetónidos son extremadamente abundantes, e as fragatas. Quizais o máis sorprendente sexa o número de saurios; case todas as pedras teñen o seu lagarto correspondente; arañas en gran número; o mesmo cos ratos. O fondo mariño que está ao seu redor está densamente cuberto por enormes corais cerebriformes (corais pétreos, solitarios); moitos tiñan máis de 90 cm de diámetro.
Charles Darwin, 29 de marzo de 1832.[5]

O arquipélago formouse hai entre os 42 e os 52 millóns de aons. As súas illas están compostas principalmente de rochas volcánicas e bancos de area. Ten os maiores arrecifes de coral do Atlántico sur, algúns con alturas superiores aos vinte metros, como o arrecife Chapeirōes da Sueste.[Cómpre referencia]

Etimoloxía editar

O nome das illas e do parque provén da expresión "abra os ollos" (abra os olhos en portugués), utilizada polos mariños para avisaren sobre a presenza de arrecifes que cobren unha área de 913 km² e que, pola súa proximidade á superficie da auga, poderían avariaren seriamente as embarcacións e provocaren naufraxios.[1][6]

Até a chegada dos sistemas de posicionamiento global ou GPS recalar no arquipélago dos Abrolhos era sumamente difícil polo que as rutas marítimas apartábanse da costa nesa zona a fin de evitaren os perigos. Hoxe, razóns Ecolóxicas manteñen apartados deste santuario aos grandes mercantes a fin de previr a contaminación.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Os encantos do Arquipélago dos Abrolhos (en portugués). Consultada o 15 de febreiro de 2020.
  2. "Decreto Nº 88.218, de 6 de Abril de 1983". Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Parque Nacional Marinho dos Abrolhos. Ministério do Meio Ambiente. Cadastro Nacional de Unidades de Conservação. (en portugués). Consultado o 15 de febreiro de 2020.
  4. "ICMBio - Parque Nacional Marinho dos Abrolhos - Parna Abrolhos". www.icmbio.gov.br. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  5. Richard Keynes (2004): Aventuras e Descobertas de Darwin a bordo do Beagle. Rio de Janeiro: Editora Zahar. ISBN 978-85-7110-805-9.
  6. Daehnhardt, Rainer (1998). Segredos de História Luso-Alemã (en Edición bilingüe Portugués/Alemán) (1ª ed.). Lisboa: Publicações Quipu. p. 77. ISBN 97-2840-807-2. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mazzei, E. F.; Bertoncini, A. A.; Pinheiro, H. T.; Machado, L. F.; Vilar, C. C.; Guabiroba, H. C.; Costa, T. J. F.; Bueno, L. S.; Santos, L. N.; Francini-Filho, R. B.; Hostim-Silva, M. & Joyeux, J.-C. (2017): "Newly discovered reefs in the southern Abrolhos Bank, Brazil: Anthropogenic impacts and urgent conservation needs". Marine Pollution Bulletin 114 (1): 123–133.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar