Arnold Joseph Toynbee
Arnold Joseph Toynbee, nado en Londres, Reino Unido, o 14 de abril de 1889 e finado o 22 de outubro de 1975, foi un historiador e profesor británico que intentou sintetizar a historia universal.
Arnold Joseph Toynbee | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de abril de 1889 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 22 de outubro de 1975 e 1975 |
Lugar de falecemento | York |
Nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Alma máter | Winchester College e Balliol College, Oxford |
Ocupación | historiador, profesor universitario, diplomático e filósofo |
Pai | Harry Valpy Toynbee |
Nai | Sarah Edith Marshall |
Cónxuxe | Veronica Boulter Toynbee e Rosalind Murray |
Fillos | Philip Toynbee, Lawrence Toynbee e Antony Harry Robert Toynbee |
Irmáns | Jocelyn Toynbee |
Coñecido por | A Study of History |
Premios | Companion of Honour, Membro da Academia Britânica, doutor honoris causa da Universidade Federal do Ceará, honorary doctor of the University of Calcutta e sen etiquetar |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Sobriño do historiador da economía, Arnold Toynbee, con quen o confunden a miúdo, Arnold J. Toynbee naceu en Londres, estudou na Universidade de Oxford. En 1912 empezou o seu traballo de profesor no mesmo centro, onde pasou ao King's College (ensinando grego moderno e historia do imperio bizantino) e a London School of Economics, os dous na Universidade de Londres. Durante a primeira guerra mundial e tamén durante a segunda guerra mundial traballou para os servizos de intelixencia do Foreign Office británico e, ao final da guerra, asistiu como delegado á Conferencia de Paz de París de 1919.
A súa irmá, Jocelyn Toynbee (1897-1985) foi tamén unha recoñecida historiadora, arqueóloga e numismática.[1]
Obra Editar
A súa obra principal “Un estudo da historia” (título orixinal: A Study of History), en doce volumes aparecidos entre 1934 e 1961, é unha análise da historia mundial e as civilizacións nas que Toynbee aprecia uns ciclos de auxe e decadencia, aínda que sen o determinismo apuntado por Oswald Spengler.
As súas teorías han ter moito eco e influencia, algúns críticos, porén, cren que Toynbee dá demasiada influencia á relixión na evolución das civilizacións.
Notas Editar
- ↑ "Toynbee, J. M. C. Arquivado 08 de xuño de 2019 en Wayback Machine.". Dictionary of Art Historians.