Armstrong Whitworth Whitley
O Armstrong Whitworth Whitley foi un bombardeiro pesado nocturno británico usado durante a Segunda Guerra Mundial. Deseñado para cumprir unha especificación de 1934 voou por primeira vez en marzo de 1936 e era un dos principais avións do Mando de Bombardeo da RAF en 1939. Recibiu o nome de Whitley polo suburbio de Coventry onde estaba unha das plantas de Armstrong Whitworth, e foi retirado en abril de 1942.
Armstrong Whitworth Whitley | |
---|---|
Whitley | |
Tipo | bombardeiro |
Fabricante | Armstrong Whitworth |
Primeiro voo | marzo de 1936 |
Era un dos tres modelos de bombardeiros medios bimotores en servizo na RAF ao inicio da Segunda Guerra Mundial (os outros eran o Vickers Wellington e o Handley Page Hampden). Formou parte do primeiro bombardeo británico sobre territorio alemán, e estivo en primeira liña ata a introdución dos bombardeiros pesados catrimotores. Tamén fixo labores de recoñecemento marítimo e foi empregado en roles secundarios como remolcador de planeadores, avión de adestramento e transporte.